bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 24
Isaiah 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 25 →
1
Velaí o Señor: arrasa a terra e devástaa, revolve a súa superficie e dispersa os seus habitantes:
2
Aconteceralles isto ós sacerdotes o mesmo ca ó pobo, ó servo o mesmo ca ó seu señor, á serva o mesmo ca á súa señora, a quen compra coma a quen vende, a quen presta coma a quen recibe prestado, ó debedor o mesmo ca ó acredor.
3
A terra quedará totalmente asolada e saqueada. Si, o Señor decidiu estas cousas.
4
Está de loito, murcha a terra; está reseco e murcho o orbe, están resecos tanto o que está arriba coma a terra.
5
A terra está profanada baixo os pés dos seus habitantes, porque quebrantaron leis, pasaron por enriba dos preceptos, romperon a alianza eterna.
6
Por isto a maldición devorou a terra, e son culpables os que habitan nela, por isto se consomen os habitantes da terra: queda só un pequeno resto.
7
Está de loito o viño novo, murchou a viña, laméntanse todos os de alegres ilusións.
8
Acabouse o xúbilo dos pandeiros, rematou o ruído dos ledos, acabouse o son xubiloso da arpa.
9
Co canto xa non beberán viño, o licor xa non fará tusir ós que o beben.
10
Quedou asolada a cidade da nada, todas as casas quedaron pechadas, ninguén entrou nelas;
11
A lamentación polo viño resoou nas rúas, desapareceu toda a ledicia, o xúbilo da cidade foi deportado.
12
Soamente quedou na cidade a desolación, a porta está arrasada.
13
Certo, así acontecerá no medio da terra, no medio dos pobos, coma no vareo da oliva, coma nos rebuscos cando acabou a vendima.
14
Eles levantarán a súa voz, aclamarán a grandeza do Señor, exultarán desde o mar,
15
por isto glorificarán ó Señor no nacente do sol; nas costas do mar o Nome do Señor, Deus de Israel.
16
Desde as beiras da terra oímos alegres cantares: Gloria ó Xusto! Pero eu pensei: "Pobre de min! Pobre de min! Ai de min! Os impíos seguen cometendo maldades; si, seguen cometéndoas!".
17
Terror, cova, trampa están sobre ti, habitante da terra!
18
E sucederá que o fuxitivo do terror caerá na cova, e quen sae do medio da cova caerá na trampa. Si, as xanelas que hai na altura féchanse e abalan os alicerces da terra.
19
Estoupando, rómpese a terra; parte en anacos, estremécese toda.
20
Cambalea a terra coma un borracho, móvese dun lado para outro, coma se fose unha tenda improvisada, pois pesa sobre ela a súa rebeldía: caerá e non se volverá a erguer.
21
Sucederá no día aquel que o Señor lles pedirá contas arriba ó exército de arriba, e na terra ós reis da terra;
22
serán amoreados presos no pozo e pechados no cárcere, e despois de moitos días pediránselles contas.
23
A lúa chea virará rubia de vergonza, e o sol do mediodía quedará branco de estupor. O Señor dos Exércitos reinará no monte de Sión e en Xerusalén: e a gloria aparecerá ante os seus anciáns.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66