bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 42
Isaiah 42
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 43 →
1
Velaí o meu servo, a quen teño collido da man; velaí o meu escollido no que eu me comprazo. Teño posto sobre el o meu espírito: ditaralles sentencia xusta ás nacións.
2
Non berrará, non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
3
Canivela fendida non a romperá, e torcida esmorecente non a apagará. Con fidelidade proclamará a xustiza,
4
non desfalecerá nin crebará ata establecer na terra a xustiza, e a súa lei, que esperan as nacións.
5
Así fala, Deus, o Señor, o que crea o ceo e o estende, o que sustenta a terra e os seus produtos, o que lle dá alento ó pobo que hai sobre ela, e espírito ós que camiñan por ela:
6
Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte, e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións,
7
para que lles abras os ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos, da prisión ós que viven na escuridade.
8
Eu, Iavé, este é o meu Nome! A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña loanza ós ídolos.
9
As antigas predicións xa chegaron, e as novas estounas a anunciar: antes de que despunten, fágovolas oír.
10
Cantádelle ó Señor un cántico novo; a súa loanza, desde o confín da terra. Serán humillados o mar e todo o que o enche, as ribeiras e os seus habitantes.
11
Serán enaltecidos o deserto e as súas cidades, as fondas veigas onde habita Quedar. Exultarán os habitantes de Sela, berrarán ledos desde o cume dos montes.
12
Daranlle gloria ó Señor, e pregoarán nos países costeiros.
13
O Señor sae coma un heroe, coma un guerreiro excita a súa bravura, berra, bota aturuxos de guerra, contra os seus inimigos mostra o seu poder:
14
"Levo quedo desde hai moito, estou en silencio, contéñome. Coma a muller que está no parto, berro, suspiro e acaso todo ó mesmo tempo.
15
Vou asolar os montes e os outeiros, vou secar todo o seu verdor; vou converter os ríos en barrancos e vou resecar as lagoas.
16
Farei camiñar os cegos por un vieiro que non coñecen, por corredoiras descoñecidas fareinos ir. Converterei diante deles a escuridade en luz, e as revoltas do camiño en dereitura. Estas cousas fareillas; si, non os abandonarei".
17
Eles deron a volta cara atrás. Avergonzaranse os que confían nos ídolos, os que lles din ás imaxes fundidas: "Vós sodes o noso deus".
18
Escoitade vós, mudos! Fixádevos ben para ver, vós, cegos!
19
Quen é o cego, senón o meu servo? Quen é o mudo, senón o mensaxeiro que eu enviei? Quen está cego? —O meu enviado. Quen está mudo? —O servo do Señor.
20
Olla moito, pero non cumpre; abre os oídos, pero non fai caso.
21
Por amor á súa xustiza, o Señor quere engrandecer e glorificar a súa lei.
22
Pero este é un pobo saqueado e arruinado. Todos eles están pechados en covas, e presos no cárcere. Serviron de botín, e non houbo quen os librase; serviron de pillaxe, e non houbo quen dixese: "Devólveos".
23
Quen de entre vós escoitará isto, prestará atención e fará caso para o futuro?
24
Quen entregou Xacob á pillaxe e Xerusalén ó saqueo? Acaso non foi o Señor contra quen nós pecamos? Si, non quixeron camiñar polo seu vieiro nin fixeron caso da súa lei,
25
por isto o Señor verteu sobre o pobo o furor da súa ira e a súa forza de guerra, que o consumiron de todo sen que se decatase, e que prenderon nel sen que o advertisen.
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 43 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66