bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 40
Isaiah 40
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 41 →
1
Consolade, consolade o meu pobo: —dío o voso Deus.
2
Faládelle ó corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada. Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
3
Unha voz clama: "No deserto preparádelle o camiño ó Señor. Endereitádelle na estepa a calzada ó noso Deus.
4
Que todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado; que a terra fragosa se volva unha chaira; e as ladeiras, un val achanzado.
5
Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único. Falou a boca do Señor".
6
Unha voz di: "Clama". El responde: "Que vou clamar!". "Toda a carne é herba; e toda a fidelidade da carne, flor do campo.
7
Seca a herba, murcha a flor, cando o alento do Señor sopra nela. (Si, o pobo é a herba).
8
Seca a herba, murcha a flor, pero a palabra do noso Deus mantense firme para sempre".
9
Sube a un monte alto, mensaxeira de Sión, levanta con forza a túa voz, mensaxeira de Xerusalén, levántaa, non teñas medo. Dilles ás cidades de Xudá: "Velaí o noso Deus".
10
Velaí o meu Señor Iavé que chega con poder; si, o seu brazo domina. Velaí a súa paga con el, o seu xornal diante del.
11
Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo, leva ós añiños no seo e protexe os que aínda maman.
12
Quen mediu coa súa man a auga do mar? Quen mantén fixo o ceo coa súa palma? Quen colleu en tres puñados o po do mundo? Quen pesou os montes coa romana e os outeiros coa balanza?
13
Quen creou o espírito do Señor? Quen é o seu conselleiro, que o instrúa?
14
Con quen se aconsella para entender? Quen lle fixo coller práctica en sentenciar con xustiza? Quen lle ensinou a ciencia? Quen o instruíu no camiño da intelixencia?
15
Velaí as nacións: son coma pingotiña dentro da sella; son coma unha area na balanza. Velaí as illas, pesan coma o po.
16
O Líbano non chega para facer a queima, os seus animais non chegan para un holocausto.
17
Todos os pobos son nada en comparación con El, son considerados nada e baleiro en comparación con El.
18
Con quen asemellaredes a Deus? Que semellanza lle buscaredes?
19
Un artista fonde co metal a imaxe dun deus, logo o ourive recóbrea de ouro, ó mesmo tempo que fonde unha cadea de prata.
20
O superintendente da ofrenda escolle un pau que non podreza, busca un artista experto, para que del faga un ídolo que non se mova.
21
Non o sabedes? Non o oístes? Non se vos anunciou desde un principio? Non o entendestes desde que se fundamentou a terra?:
22
Que El reina sobre o orbe da terra, e que os habitantes da terra son coma saltóns; que el estende coma unha cortina o ceo, esténdeo coma unha tenda onde habitar;
23
que converte ós xefes en nada, aniquila os árbitros do mundo.
24
Non están aínda plantados, non están aínda sementados, aínda o seu plantón non enraizou a terra, sopra neles e secan, o vendaval levántaos coma ó coaño.
25
Con quen me asemellaredes, a quen serei comparable? —di o Santo—.
26
Levantade os vosos ollos ó alto, ollade: Quen fixo esas cousas? O que fai saír con orde o exército celeste, e a todo el o chama polo nome, coa enormidade do seu poder, coa súa vigorosa forza, e non falta ningún.
27
Xacob, por que dis? Israel, por que afirmas?: "O meu comportamento está escondido para o Señor, ó meu Deus esqueceulle a sentencia ó meu favor".
28
Pero ti, non o sabes? Non o tes oído?: O Señor é Deus da Eternidade, El creou os extremos do mundo e non está canso nin fatigado, a súa intelixencia é insondable.
29
El dálle forza ó cansado, ó que non ten enerxía multiplícalle o vigor.
30
Os mozos cansan e fatigan, os atletas escolleitos tropezan e caen;
31
pero ós que teñen esperanza no Señor renóvanselles as forzas, soben con ás de aguia: corren, e non se fatigan; camiñan, e non cansan.
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 41 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66