bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 59
Isaiah 59
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 58
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 60 →
1
Velaí a man do Señor: non é tan curta que non poida salvar, nin o seu oído tan duro que non oia,
2
senón que as vosas iniquidades foron as que vos separaron do voso Deus, e os vosos pecados tapáronlle a cara para non vos escoitar.
3
Certamente as palmas das vosas mans están lixadas de sangue vertido, e os vosos labios falan mentiras e a vosa lingua murmura maldades.
4
Non hai quen clame pola xustiza, nin hai quen sexa xulgado con verdade, confíase no caos e fálase a falsidade; estase preñado de ruindade e párese a maldade.
5
Chocan ovos de víbora e tecen teas de araña: quen come eses ovos morre, e quen creba un deses ovos choca unha víbora.
6
As súas teas non serven para vestidos, pois non tapan os seus feitos: os seus feitos son traballos da maldade, e obra da violencia hai nas súas mans.
7
Os seus pés corren para o mal, e apuran para verter sangue inocente. Os seus plans son plans de maldade, nos seus vieiros hai saqueo e arraso.
8
O camiño da paz non o coñecen e nos seus vieiros non hai xustiza, torcen as súas vereas para o seu proveito, todos corren a onde non se coñece a paz.
9
Por isto a xustiza afastouse de nós, e a moralidade non nos alcanzou. Esperamos a luz e velaí a escuridade, esperamos o esplendor e camiñamos nas tebras.
10
Andamos coma cegos apalpando a parede, si, coma o que non ten ollos andamos apalpando. Tropezamos ó mediodía coma na escuridade, estando entre os sans coma estando entre mortos.
11
Todos nós bruamos coma osos, coma pombas arrolamos. Esperamos a xustiza e non a hai, esperamos a moralidade e afastouse de nós.
12
Si, multiplicamos diante de ti as nosas rebeldías, e os nosos pecados que testemuñan contra nós, porque as nosas rebeldías están connosco e as nosas iniquidades coñecémolas:
13
Rebelarse, renegar do Señor, retirarnos de seguir ó noso Deus, falar da opresión e da apostasía, estar preñado de maldade e rosmar no corazón palabras mentireiras.
14
A xustiza foi rexeitada para atrás, e a moralidade está de pé lonxe, pois a xustiza tropezou na praza e a rectitude non é capaz de entrar,
15
e a fidelidade está faltando e o que se retira da maldade está sendo saqueado. O Señor viuno e pareceulle mal que non houbese xustiza.
16
Viu que non había ningún, e admirouse de que ninguén intercedese, pero foi o brazo do Señor quen o salvou, e a súa xustiza foi quen o asistiu,
17
pois revestiuse de xustiza ó xeito de coiraza e a salvación foi o casco da súa cabeza; puxo de vestido as roupas da vinganza e cubriuse de celo coma mantón.
18
Segundo a débeda dos feitos, así impoñerei o castigo pola débeda: noxo para os seus adversarios, represalias para os seus inimigos, as nacións costeiras castigaraas coa represalia.
19
Desde o occidente respectarán o Nome do Señor, e desde o nacente do sol a súa gloria, pois virá como río apertado, que dirixe o Espírito do Señor.
20
Virá para rescatar Sión, e mais os de Xacob que se convertan da súa rebeldía —oráculo do Señor—.
21
Olládeme aquí: esta é a miña Alianza convosco —fala o Señor—: o meu Espírito está sobre ti, e as miñas palabras, que roxen na túa boca, non desaparecerán da túa boca nin da boca da túa descendencia nin da boca da descendencia da túa descendencia, desde agora e para sempre —fala o Señor—.
← Chapter 58
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 60 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66