bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 37
Isaiah 37
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 38 →
1
Cando o rei Ezequías viu isto, rachou os seus vestidos, cubriuse de saco e entrou no templo do Señor.
2
Logo mandou ó ministro do pazo real Eliaquim, ó escriba Xebná e ós máis vellos de entre os sacerdotes, cubertos de sacos, onda o profeta Isaías, fillo de Amós,
3
A dicirlle: "Así fala Ezequías: O día de hoxe é día de angustia, de castigo e de desprezos, pois os fillos chegan á saída da matriz e non hai forza para parir.
4
Quizais o Señor, o teu Deus, oíu as palabras do ministro do tesouro que o rei de Asiria mandou para insultar o Deus vivente e o queira castigar polas palabras que o Señor, o teu Deus, escoitou. Fai, pois, subir unha oración polo resto que aínda queda".
5
Entón os servidores do rei Ezequías foron onda Isaías,
6
e Isaías díxolles: "Así lle habedes dicir ó voso señor: Así fala o Señor: non teñas medo das palabras que oíches, coas que blasfemaron contra min os mozos do rei de Asiria.
7
Olla: eu vou pór nel un espírito, oirá un dito e volverá ó seu país; logo, no seu país, fareino caer coa espada".
8
Cando o ministro do tesouro deu a volta, atopou ó rei de Asiria facendo a guerra contra Libnah, xa que oíra que marchara de Láquix.
9
Entón oín esta mensaxe acerca de Tirhacah, rei do Alto Exipto: "Saíu a pelexar contra ti", e fíxolle caso ó dito. A continuación enviou mensaxeiros a Ezequías:
10
"Así lle falaredes a Ezequías, rei de Xudá, dicíndolle: Que non te engane o teu Deus en quen ti confías, ó pensares que Xerusalén non será entregada na man do rei de Asiria.
11
Ti xa escoitaches o que os reis de Asiria lles fixeron a todos os países, entregándoos ó exterminio. E ti vaste salvar?
12
Os deuses dos pobos que meus pais arrasaron salváronse acaso? Gozán, Harán, Resef e xente de Edén que vivía en Telasar.
13
Onde está o rei de Hamat, o rei de Arpad e o rei de Lair, de Sefarvaim, de Hená e de Ivah?".
14
Entón colleu Ezequías o escrito da man dos mensaxeiros e leuno. Logo subiu ó templo do Señor e Ezequías mesmo o estendeu diante do Señor,
15
e Ezequías rezoulle ó Señor nestes termos:
16
"Señor dos Exércitos, Deus de Israel, que tes trono de querubíns. Ti creaches o ceo e mais a terra.
17
Achega, Señor, o teu oído, e escoita. Abre, Señor, os teus ollos, e mira. Si, escoita todas as palabras de Senaquerib, coas que mandou xente para insultar o Deus vivente.
18
É verdade, Señor! Os reis de Asiria destruíron todos os países e as capitais de cada un deles,
19
e botaron no lume os seus deuses, pois eles non son deuses, senón feitío de mans do home, pau e pedra, e por isto destruíronos.
20
Pero agora, Señor, noso Deus, sálvanos da súa man e todos os reinos da terra recoñecerán que ti, soamente ti, es o Señor".
21
Logo Isaías, fillo de Amós, mandou a dicirlle a Ezequías: "Así fala o Señor, Deus de Israel, a quen ti lle rezaches por causa de Senaquerib, rei de Asiria.
22
Estas son as palabras que acerca del dixo o Señor: A virxe, filla de Sión, desprézate, búrlase de ti. A filla de Xerusalén move a cabeza por detrás de ti.
23
A quen ofendiches e insultaches? Contra quen levantaches a voz e levantaches cara arriba os teus ollos? Contra o Santo de Israel.
24
Por mediación dos teus servos ofendiches o Señor, pois dicías: coa multitude dos meus carros de guerra, eu mesmo subín ó alto das montañas, ós mesmos cumes do Líbano. Cortei os troncos dos seus cedros, o máis escollido dos seus cipreses. Si, cheguei ó máis alto do seu cume, ó máis espeso da súa foresta.
25
Eu mesmo cavei e bebín augas estranxeiras, e sequei coa planta dos meus pés todos os brazos do Nilo de Exipto.
26
Acaso non oíches? Hai moito tempo que o veño facendo, desde os tempos de antes véñoo planeando, agora fíxeno chegar; e ti fuches quen arrasou: moreas de pedras que proveñen de cidades fortificadas!
27
e os seus habitantes, impotentes, aterrorizáronse e avergonzáronse; foron herba do campo, verdor das leiras, herba tenra dos tellados abrasada coa presenza do vento leste.
28
O teu reinar, o teu saír e o teu entrar das campañas militares, eu coñecino, e tamén o teu repoñerte contra min.
29
Porque te reviraches contra min e porque a túa soberbia chegou ós meus oídos, porei o meu anel de ferro no teu nariz e o meu freo nos teus beizos, e fareite volver do vieiro por onde andaches.
30
Este será para ti o sinal: comeredes neste ano o que brota de seu, e o ano que vén comeredes o que volva brotar; pero no terceiro ano sementade e recollede, plantade viñas e comede o seu froito.
31
Si, os escapados da casa de Xudá que queden, volverán a enraizar por abaixo e darán froito por arriba.
32
De Xerusalén sairá un resto, o escapado do monte Sión. O celo do Señor dos Exércitos fará isto.
33
Velaí: así fala o Señor acerca do rei de Asiria: non volverá a esta cidade nin lanzará aquí frechas, non estará diante dela con escudos, nin levantará contra ela terrapléns.
34
Polo camiño por onde veu, volverá; pero nesta cidade non entrará —é o Señor quen fala—.
35
Eu protexerei esta cidade, salvándoa, por mor de min mesmo e do meu servo, David".
36
Entón o anxo do Señor saíu e feriu a 185.
37
Entón Senaquerib, o rei de Asiria, púxose en movemento, marchou e volveu reinar en Nínive.
38
E, cando estaba prostrado en adoración no templo de Nisrok, o seu deus, os seus fillos Adramelec e Saréser matárono coa espada. Eles escaparon para o país de Ararat e logo, no seu posto, subiu ó trono o seu fillo Esar—Hadón.
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 38 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66