bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 23
Isaiah 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 24 →
1
Oráculo contra Tiro. Facede lamentación vós, barcos de Tárxix, que o porto de refuxio quedou esnaquizado. De volta do país de Kitim foille revelado isto a Tárxix.
2
Chorade, habitantes da costa, traficantes de Sidón. Os teus mensaxeiros cruzan por augas abundantes:
3
A semente de Xihor viña da colleita do Nilo, a súa ganancia era o comercio cos pobos.
4
Avergónzate Sidón, que fala o mar, o refuxio de Iam, nestes termos: "Non me retorcín de dor nin te dei eu á luz: nin criei fillos xa mozos, nin saquei adiante fillas mozas".
5
Cando pasa a noticia ós exipcios, retórcense de dor, coa noticia de Tiro.
6
Cando pasa a Tárxix, os habitantes da costa fan lamentación.
7
É isto causa de alegría para a vosa cidade que ten a orixe nos días remotos, e pés que a levarán lonxe a vivir de emigrante?
8
Quen planeou isto contra Tiro, que distribuía coroas, cando os seus comerciantes eran príncipes e os seus traficantes honrados no mundo?
9
O Señor dos Exércitos foi quen o dispuxo, para humillar o orgullo do seu esplendor, para facer desprezables a todos os nobres do mundo.
10
Pasa ó teu país, que eu lle puxen emboscada a Tárxix e xa non hai porto de refuxio.
11
A miña man estaba estendida contra Iam, fixo tremer os reinos. O Señor ordenou que a Canaán lle destruísen as prazas fortes,
12
e dixo: "non volverás a alegrarte, moza maltratada (filla de Sidón; aínda que vaias a Kitim, tampouco alí haberá descanso para ti.
13
A mesma cidade dos caldeos non será para ti. Asiria fundouna para os barcos. Ergueron as torres de asalto, arrasaron os seus castelos, volvérona unha ruína.
14
Facede lamentación, barcos de Tárxix, que o voso porto de refuxio quedou esnaquizado".
15
Sucederá no día aquel, que Tiro quedará esquecida durante setenta anos. Pero nos anos doutro rei, ó cabo dos setenta anos, sucederalle a Tiro coma no cantar da prostituta:
16
"Colle a arpa, dálle a volta á cidade, prostituta esquecida. Toca ben a arpa, alonga o teu cantar para que sexas recordada".
17
E sucederá ó cabo dos setenta anos que o Señor visitará Tiro, e Tiro volverá a facer asúa ganancia de prostituta. Prostituirase con todos os reinos que hai sobre a superficie da terra.
18
A súa ganancia no comercio e a súa paga de prostituta consagraralla ó Señor. Non se almacenará nin amoreará, senón que a súa ganancia será para os que habitan ante a presenza do Señor: comerán e fartaranse e vestirán esplendidamente.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66