bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 29
Isaiah 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 30 →
1
Ai Ariel, Ariel, cidade onde acampou David! Engadide un ano a outro ano, e que as festas corran o seu ciclo!
2
Entón eu asediarei a Ariel, e haberá lamentación sobre lamentación, e Xerusalén será de verdade a miña Ariel.
3
Acamparei, aldea, arredor de ti, cercareite con campamentos e levantarei ó teu arredor obras de asedio.
4
Falarás baixiño desde debaixo da terra, e o teu falar soará apagado desde o po, a túa voz será como un espírito de debaixo da terra, e o teu falar será un rechouchío desde o po.
5
A tropa dos estranxeiros será para ti coma o po fino, coma arganas que voan será a tropa dos estranxeiros. Sucederá de repente nun abrir e pechar de ollos,
6
que serás visitada polo Señor dos Exércitos, con trono, con derrubamento e con grande barullo, con ciclón, con vento e chama de lume devoradora.
7
Coma un soño será a visión nocturna: tropa de todos os pobos facendo a guerra contra Ariel, si, todos os que loitan contra ela póñenlle sitio e asédiana.
8
Sucederá coma cando un soña que ten fame; come, pero ó espertar ten a gorxa baldeira; e coma cando un soña que ten sede: bebe, pero ó espertar está reseco e a súa gorxa sedenta. Así será a tropa de todos os pobos que fan a guerra contra o monte Sión.
9
Pasmádevos, quedade pasmados; cegádevos, quedade cegos, vós que estades borrachos, pero non de viño, cambaleades, pero non de licor,
10
porque o Señor verteu dentro de vós un espírito de sono profundo: pechou os vosos ollos, profetas; e cubriu as vosas cabezas, videntes.
11
Entón a visión de todo será para vós coma palabras dun rolo selado: cando llo dan a un que sabe ler, dicíndolle: "Olla, le isto", el di: "Non son capaz, está selado";
12
cando se pon o libro diante dun que non sabe ler, dicíndolle: "Olla, le isto", el responde: "Non sei ler".
13
O meu Señor dixo: "Este pobo achégase a min coa súa boca, hónrame cos seus labios, pero o seu corazón está lonxe de min: a súa adoración é un ritual de homes, algo que aprendeu.
14
Por isto, velaí: eu volverei a asombrar este pobo, facendo marabillas e prodixios: a sabedoría dos seus sabios perecerá e a intelixencia dos seus intelixentes quedará enterrada".
15
Ai dos que manteñen o seu plano en lugar secreto, ben enterrado, lonxe do Señor! Ai daqueles que fan as obras na escuridade, e pensan: "Quen nos ve? Si, quen nos coñece?"
16
Perversidade a vosa! O oleiro é coma o pote que el modela? De quen a modelou dirá a obra: "El non me fixo"? Pero a criatura dixo do seu creador: "El non entende".
17
Velaí: dentro dun pouco, ben pouquiño, o Líbano converterase nun verxel e o Carmelo será considerado un bosque.
18
No día aquel os xordos oirán a lectura dun rolo e desde a escuridade e as tebras os ollos dos cegos verán.
19
Entón os pobres aínda se alegrarán máis no Señor, e os campesiños miserables brincarán de gozo polo Santo de Israel,
20
porque se acabará o tirano, desaparecerá o burlón, e todos os que intentan facer a iniquidade serán exterminados:
21
os que declaran culpable a un home con calumnia, e poñen lazos ós que deciden nas portas da cidade para botaren o inocente ó deserto.
22
Por isto así fala acerca da casa de Xacob o Señor Deus, o que redimiu a Abraham: "xa non se avergonzará Xacob, xa non virará branca a súa cara,
23
porque cando vexa no medio del os seus fillos, froito das súas entrañas, eles santificarán o meu Nome". Santificarán o Santo de Xacob e farán reverencia ó Deus de Israel.
24
Entón os de espírito extraviado coñecerán o que é ter siso, e os murmuradores aprenderán a instrución que se lles dá.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66