bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 11
Genesis 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 12 →
1
Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras.
2
O emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí.
3
Dixéronse uns ós outros: —"Imos facer ladrillos e cocelos no lume". O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento.
4
E nisto propuxeron: —"Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome de sona, para non nos perder pola ancha face da terra".
5
Baixou o Señor para ver a cidade e a torre que os homes construían, e pensou:
6
—"Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza.
7
Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros".
8
O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construír a cidade.
9
A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.
10
Táboa dos descendentes de Sem. Sem tiña cen anos cando xerou a Arfaxad, dous anos despois do diluvio.
11
Despois diso viviu cincocentos anos, e tivo outros fillos e fillas.
12
Arfaxad tiña trinta e cinco anos cando xerou a Xélah.
13
Despois viviu catrocentos anos máis, e tivo outros fillos e fillas.
14
Xélah tiña trinta anos cando xerou a Héber.
15
Despois viviu catrocentos anos máis, e tivo outros fillos e fillas.
16
Héber tiña trinta e catro anos cando xerou a Péleg.
17
Despois viviu aínda catrocentos trinta anos, e tivo outros fillos e fillas.
18
Péleg tiña trinta anos cando xerou a Reú.
19
Despois viviu douscentos nove anos, e tivo outros fillos e fillas.
20
Reú tiña trinta e dous anos cando xerou a Serug.
21
Despois viviu douscentos sete anos, e tivo outros fillos e fillas.
22
Serug tiña trinta anos cando xerou a Nahor.
23
Despois viviu douscentos anos máis, e tivo outros fillos e fillas.
24
Nahor tiña vinte e nove anos cando xerou a Térah.
25
Despois viviu cento dezanove anos máis, e tivo outros fillos e fillas.
26
Térah tiña setenta anos cando xerou a Abram, a Nahor e a Harán.
27
Descendentes de Térah: Térah xerou a Abram, a Nahor e a Harán. Harán xerou a Lot.
28
Harán morreu en vida de seu pai, na súa terra de nacemento, en Ur dos caldeos.
29
Abram e Nahor casaron. A muller de Abram chamábase Sarai e a de Nahor, Milcah, filla de Harán, o pai de Milcah e de Iscah.
30
Sarai era estéril e non tiña fillos.
31
Térah colleu a seu fillo Abram, ó seu neto Lot, fillo de Harán, e a súa nora Sarai, muller de seu fillo Abram, e saíu con eles de Ur dos Caldeos, para dirixirse ó país de Canaán. Chegados a Harán, establecéronse alí.
32
Térah viviu douscentos cinco anos e morreu en Harán.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50