bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 48
Genesis 48
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 47
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 49 →
1
Pasado algún tempo, dixéronlle a Xosé: —"Teu pai está mal". Entón Xosé tomou consigo a seus dous fillos, Menaxés e Efraím.
2
Déronlle a Xacob a nova: —"Teu fillo Xosé vénte ver". Israel fixo un esforzo e sentouse no leito.
3
E díxolle a Xosé: —"O Deus todopoderoso aparecéuseme en Luz, na terra de Canaán, e bendiciume.
4
Díxome: Eu fareite fecundo, multiplicareite, trocareite nunha asemblea de pobos. Os teus descendentes dareilles esta terra en posesión duradeira.
5
Os dous fillos que che naceron en Exipto, antes de chegar eu onda ti, serán agora meus fillos. Efraím e Menaxés son para min coma Rubén e Simeón.
6
Os fillos que che nazan despois deles serán teus; mais a súa herdade levará o nome dos irmáns.
7
Cando eu viña de Padán, morreume Raquel, en Canaán, no camiño onde está a tumba cerca de Efrátah. E enterreina alí mesmo, no camiño de Efrátah, que é Belén".
8
Reparando Israel nos fillos de Xosé, preguntou: —"E estes quen son?"
9
Xosé respondeulle a seu pai: —"Son meus fillos, os que Deus me deu aquí". Dixo el: —"Tráemos aquí, que os bendiga".
10
Os ollos de Israel, cargados pola vellez, non distinguían. Xosé acercoulle os fillos, e el bicounos e abrazounos.
11
Israel díxolle a Xosé: —"Non contaba con verte, e Deus permitiume verte a ti e ós teus descendentes".
12
Xosé retirou os nenos de entre os xeonllos de seu pai e prostrouse por terra.
13
Despois colleunos ós dous, a Efraím coa súa dereita, á esquerda de Israel, e a Menaxés coa súa esquerda, á dereita de Israel, e achegounos a seu pai.
14
Israel, cruzando os brazos, estendeu a dereita, e púxoa na cabeza de Efraím, o máis novo dos irmáns, e a esquerda na cabeza de Menaxés o primoxénito.
15
E bendiciu a familia de Xosé: —"O Deus ante quen camiñaron meus pais, Abraham e Isaac, o Deus que foi o meu pastor, desde que existo ata hoxe,
16
o anxo que me librou de todo mal, bendiga estes nenos. Que resoe neles o meu nome e o de meus pais, Abraham e Isaac, e que se convertan nun xentío sobre a terra".
17
Percatouse Xosé de que seu pai puña a dereita na cabeza de Efraím, e pareceulle mal. E colleu a man de seu pai para tirala da cabeza de Efraím e levala á de Menaxés,
18
dicindo: —"Así non, meu pai; o primoxénito é este. Pon na súa cabeza a túa dereita".
19
Pero o pai negouse a facelo: —"Xa o sei, meu fillo, xa o sei. Tamén este chegará a ser un pobo; tamén el medrará moito. Pero seu irmán máis novo será máis ca el e os seus descendentes farán moitas nacións".
20
E coa mesma bendiciunos: —"No voso nome felicitarase Israel e dirá: Fágate Deus coma a Efraím e a Menaxés". E puxo a Efraím por diante de Menaxés.
21
Israel díxolle a Xosé: —"Ves que me atopo xa á morte. Deus estará convosco, e levaravos outra vez á terra de vosos pais.
22
A maiores do que lles deixo a teus irmáns, a ti douche unha parte que lles arrebatei ós amorreos coa miña espada e co meu arco".
← Chapter 47
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 49 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50