bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 25
Genesis 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 26 →
1
Abraham tomou outra muller que se chamaba Queturah.
2
Esta deulle por fillos a Zimrán, Iocxán, Medán, Madián, Ixbac e Xúah.
3
Iocxán xerou a Xebá e Dedán. Os fillos de Dedán foron os asirios, os latuxios e os leumios.
4
Os fillos de Madián foron Efah, Éfer, Hanoc, Abidá e Eldaáh. Todos eles son descendentes de Queturah.
5
Abraham fixo a Isaac herdeiro de todo o que tiña.
6
Os fillos das concubinas fíxolles mandas e afastounos en vida de seu fillo Isaac cara ós países do oriente.
7
Os anos que Abraham viviu foron cento setenta e cinco.
8
Ocabo deles expirou e morreu en boa vellez, satisfeito da vida, e foi xuntarse co seu pobo.
9
Seus fillos Isaac e Ismael enterrárono na cova de Macpelah, no eido de Efrón, fillo de Soar o hitita, de fronte a Mambré.
10
É o campo que lles mercara Abraham ós fillos de Het. Nel foron enterrados Abraham e Sara, súa muller.
11
Despois da morte de Abraham, Deus seguiu bendicindo a seu fillo Isaac. Este asentou onde estaba o pozo de Lahai-Roí.
12
Esta é a historia de Ismael, o fillo que lle deu a Abraham a serva exipcia Hagar.
13
Os fillos de Ismael, por orde de nacemento, son os seguintes: Nebaiot o primoxénito, Quedar, Abdeel, Mibsam,
14
Mixmá, Dumah, Masá,
15
Hadad, Temá, Ietur, Nafix e Quédmah.
16
Eses son os fillos de Ismael polos seus nomes, segundo os seus poboados e os seus campamentos. Doce xefes de doce tribus.
17
Os anos que Ismael viviu foron cento trinta e sete. O cabo deles expirou, morreu e foi xuntarse co seu pobo.
18
Os seus descendentes asentaron desde Havilah ata Xur, que mira cara a Exipto, vindo de Asur. Cadraron irmáns en fronte de irmáns.
19
Esta é a historia de Isaac, fillo de Abraham. Abraham xerou a Isaac.
20
Cando Isaac tiña corenta anos, tomou por muller a Rebeca, filla de Betuel, arameo de Padán Aram, e irmá de Labán o Arameo.
21
Isaac pregou ó Señor pola súa muller que era estéril. O Señor escoitouno e Rebeca, súa muller, quedou embarazada.
22
Pero os nenos loitaban no seu ventre e ela queixouse: —"Se é así, para que vivo?" E foi consultar ó Señor.
23
A resposta foi esta: —"Hai dúas nacións no teu ventre, dous pobos que se dividen xa nas túas entrañas. Un pobo poderá co outro, o máis vello servirá ó máis novo".
24
Chegada a hora do parto, viuse que tiña dous xemelgos no seu ventre.
25
Saíu primeiro un, todo louro, peludo coma unha pelica. Puxéronlle por nome Esaú.
26
Despois, agarrado do calcañar de Esaú, saíu seu irmán. E chamáronlle Xacob. Isaac tiña sesenta anos, cando lle naceron os dous fillos.
27
Os nenos fixéronse grandes. Esaú era bo cazador e home do campo. Xacob, en troques, era amigo de quedar na tenda.
28
Isaac amaba a Esaú, porque gustaba da súa caza. Pero Rebeca prefería a Xacob.
29
Nunha ocasión tiña Xacob disposto un guiso e nisto chegou Esaú canso do monte.
30
Esaú pediulle a Xacob: —"Dáme a comer esa cousa vermella, pois estou esgotado". (Por iso lle puxeron o nome de Edom).
31
Respondeulle Xacob: —"Coa condición de que me vendas agora mesmo os dereitos de primoxénito".
32
Esaú pensou: —"Estou que morro. De que me serve a primoxenitura?"
33
Xacob dixo: —"Xúramo agora mesmo". El xuroullo, e vendeulle a Xacob a súa primoxenitura.
34
Entón Xacob deulle a Esaú un anaco de pan e mais o guiso de lentellas. El comeu e bebeu, e despois foise. En tan pouco tiña Esaú os dereitos da primoxenitura.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50