bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 12
Genesis 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 13 →
1
O Señor díxolle a Abram: —"Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei.
2
Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.
3
Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga. Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu nome".
4
Abram púxose ó camiño, conforme lle dixera o Señor; e con el foi Lot. Abram tiña setenta e cinco anos cando saíu de Harán.
5
Levaba consigo a Sarai, súa muller, ó seu sobriño Lot e todas as posesións e mais os criados que adquirira en Harán. Saíron na dirección do país de Canaán, e chegaron alá.
6
Abram percorreu o país ata o lugar santo de Xequem e a aciñeira de Moré. Daquela habitaban no país os cananeos.
7
O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.
8
Logo seguiu pola montaña, ó oriente de Betel, e plantou a súa tenda entre Betel ó poñente e Ai ó nacente. Alí construíu un altar ó Señor e invocouno polo nome.
9
Despois seguiu por xornadas o camiño cara ó sur.
10
Houbo fame no país, e Abram baixou a Exipto, coa idea de quedar alí, mentres a fame seguise apretando.
11
Cando xa estaban chegando a Exipto, Abram díxolle a Sarai, súa muller: —"Estou pensando na túa fermosura.
12
Os exipcios, en véndote, dirán: —É a súa muller. Entón a min mataranme e a ti gardarante viva.
13
Dilles que es miña irmá, para que por mor de ti me traten a min ben e grazas a ti salve a vida".
14
Cando Abram chegou a Exipto, os exipcios repararon en que a súa muller era moi bela.
15
Vírona tamén os cortesáns e gabáronlla ó faraón, de xeito que a muller foi levada ó pazo.
16
A Abram foille ben por conta dela. Adquiriu rabaños, gandos, asnos, servos, servas, asnas e camelos.
17
Mais o Señor inflixiulles ó faraón e á súa corte grandes pragas, por causa de Sarai, muller de Abram.
18
Entón chamou o faraón a Abram para lle dicir: —"Que fixeches comigo? Por que non me aclaraches que era a túa muller?
19
Por que me dixeches que era túa irmá, deixándome que a tomase por muller? Agora aí tes a túa muller. Cóllea e vaite".
20
E o faraón deu ordes ós seus homes para que despedisen a Abram coa muller e con todo o que tiña.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50