bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 27
Genesis 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 28 →
1
Isaac fíxose vello e anubróuselle a vista. Entón chamou ó seu primoxénito Esaú: —"Fillo!" E el respondeulle: —"Aquí estou".
2
E o pai seguiu: —"Ti ves que xa vou vello e non sei cando morrerei.
3
Colle as túas armas, o arco e a alxaba, sae ó monte e cázame unha peza.
4
Guísaa como sabes que me gusta, e tráesma que a coma, pois quero darche a miña bendición antes de morrer".
5
Namentres Isaac dicía isto a seu fillo, Rebeca estábao escoitando. Esaú saíu ó monte, pola peza que lle cumpría
6
Entón díxolle Rebeca a seu fillo Xacob: —"Oín que teu pai falaba con teu irmán Esaú e que lle dicía:
7
—"Trae caza e prepárame un bo guiso. Comerei e bendicireite na presenza de Deus, antes de morrer.
8
Agora, fillo, atende ben ó que che mando.
9
Vas ó rabaño, tráesme dous bos cabuxos, e guisareillos a teu pai, do xeito que a el lle saben.
10
Ti levarasllos a teu pai, para que coma e che dea a súa bendición, antes de morrer".
11
Xacob díxolle a súa nai: —"Repara que meu irmán Esaú é peludo e que eu, en troques, son lampo.
12
Se meu pai me apalpase, descubriríame trampulleiro, e no lugar da bendición atraería sobre min a maldición".
13
Súa nai respondeulle: —"Que esa maldición, meu fillo, caia sobre min. Ti escóitame, vai e tráeme os cabuxos".
14
El foi, colleu os cabuxos e tróuxollos á nai. Ela preparou o guiso, do xeito que lle gustaba a seu pai.
15
Rebeca botou man da roupa do fillo maior, Esaú, a mellor que tiña na casa, e vestiulla a Xacob, o fillo máis novo.
16
Coas peles dos cabuxos cubriulle as mans e a parte lampa do pescozo.
17
E puxo nas mans de Xacob, seu fillo, o guiso que preparara e mais un anaco de pan.
18
Xacob entrou onda seu pai e saudou: —"Meu pai". El respondeu: —"Aquí estou. E ti, meu fillo, quen es?"
19
Xacob díxolle a seu pai: —"Eu son Esaú, o teu primoxénito. Fixen conforme me mandaches. Érguete, séntate e come da miña caza, para que me deas logo a túa bendición".
20
Isaac preguntoulle a seu fillo: —"Como a atopaches tan axiña, meu fillo?" El respondeulle: —"O Señor Deus púxoma diante".
21
Isaac díxolle a Xacob: —"Achégate, fillo, que te apalpe, para ver se es ou non meu fillo Esaú".
22
Xacob chegouse a Isaac. Este apalpouno, e dixo: —"A voz é a de Xacob, pero as mans son as de Esaú".
23
E non o recoñeceu, porque as súas mans eran peludas coma as de seu irmán. E bendiciuno.
24
Despois volveulle a preguntar: —"Es ti de verdade meu fillo Esaú?" El respondeulle: —"Son".
25
Isaac dixo: —"Sírveme, meu fillo, a comida, e logo dareiche a miña bendición". Xacob serviuno, e el comeu; tróuxolle viño e bebeu.
26
Despois díxolle Isaac: —"Achégate aquí e bícame, meu fillo".
27
E Xacob achegouse e bicouno. O sentir Isaac o recendo da roupa, deulle esta bendición: —"Sentide o recendo do meu fillo, coma recendo dun agro bendito polo Señor.
28
Deus che dea o orballo do ceo, a fartura da terra, abundancia de trigo e de viño.
29
Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".
30
En acabando Isaac de bendicir a Xacob, e este de saír de onda seu pai, chegou Esaú coa súa caza.
31
Preparou el tamén un guiso saboroso, levoullo a seu pai e díxolle: —"Érguete, meu pai, e come da caza do teu fillo, para que me deas logo a túa bendición".
32
O pai Isaac preguntoulle: —"Ti quen es?" El respondeulle: —"Son o teu primoxénito Esaú".
33
Isaac tremeu desde os pés á cabeza, e preguntou: —"Entón quen foi o que cazou a caza e ma trouxo? Eu comín xa a fartar, antes que ti chegases, bendicino e bendito quedará".
34
En oíndo Esaú as palabras de seu pai, bradou con asaño e acedume e díxolle a seu pai: —"Bendíceme, meu pai, tamén a min".
35
Díxolle el: —"Veu teu irmán con engano e marchou coa túa bendición".
36
Dixo Esaú: —"Por algo lle puxeron Xacob, pois xa me suplantou por dúas veces. Levoume a primoxenitura e agora arrampla coa miña bendición". E preguntou: —"Non che queda unha bendición tamén para min?"
37
Respondeulle Isaac: —"Fíxeno señor teu, deille por servos os irmáns, concedinlle trigo e viño, que podo facer por ti agora, meu fillo?"
38
Esaú díxolle a seu pai: —"É que non tes, meu pai, máis ca unha bendición? Bendíceme, meu pai, tamén a min". E rompeu a chorar a berros.
39
Isaac atendeuno e dixo: —"A túa morada estará lonxe da fartura da terra e do orballo do ceo.
40
Vivirás da túa espada e servirás a teu irmán. Pero virá un tempo e serás libre: Botarás o seu xugoj de enriba do teu pescozo".
41
Esaú quedou aborrecendo a Xacob por causa da bendición que lle dera seu pai. E pensaba: —"O tempo do loito por meu pai xa se aveciña. Entón matarei a meu irmán".
42
Faláronlle a Rebeca das intencións de Esaú, seu fillo maior, e mandou chamar ó fillo máis novo, a Xacob, para dicirlle: —"Mira que teu irmán pensa vingarse e matarte.
43
Faime, pois, caso, meu fillo. Ponte ó camiño e fuxe a Harán, onda meu irmán Labán.
44
Queda onda el por algún tempo, deica lle pase a teu irmán a carraxe,
45
deica se apague a súa ira contra ti e se esqueza do que lle fixeches. Xa mandarei eu buscarte. Por que tería que perder a un tempo os dous fillos?"
46
Rebeca díxolle a Isaac: —"Dóeme a alma, por culpa destas hititas. Se tamén Xacob toma muller de entre elas, de entre as fillas deste país, de que me serve aínda vivir?"
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50