bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 18
Genesis 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 19 →
1
O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor.
2
Abraham ergueu os ollos e viu tres homes de pé diante del. En véndoos, correu ó seu encontro, desde a entrada da tenda, e prostrouse,
3
dicindo: —"Meu Señor, se merezo o teu favor, non pases sen te deteres onda o teu servo.
4
Farei traer unha pouca auga, bañaredes os pés e descansaredes baixo a árbore.
5
Coa mesma e xa que pasades por onda o voso servo, traerei un anaco de pan. Repararedes con el as forzas, para logo seguirdes camiño". Responderon eles: —"Está ben. Fai como dis".
6
Abraham correu á tenda onda Sara, para lle dicir: —"Trae tres cuncas de flor de fariña, axiña: amásaa, e prepara unha bica".
7
E el foi correndo ó cortello, colleu o vitelo máis tenro e mellor, e deullo a un criado, para que o guisase ó momento.
8
Despois, co vitelo guisado, colleu manteiga e leite, e servíullelos. Mentres eles comían, el estaba ó seu lado baixo a árbore.
9
Nisto eles preguntáronlle: —"Onde está Sara, túa muller?" El respondeu: —"Aí dentro, na tenda".
10
E un deles engadiu: —"Volverei verte para o ano, e entón Sara a túa muller, terá un fillo". Sara oíu o que dicía, detrás da entrada da tenda.
11
Abraham e Sara eran vellos, moi entrados en anos, e ela xa deixara de ter a regra das mulleres.
12
Sara riu ás escondidas, de pensar: —"Despois que estou acabada e o meu home vello, coñecerei aínda o pracer?"
13
Mais o Señor díxolle a Abraham: —"Por que ri Sara, dicindo: Será certo que vou ter un fillo ós meus anos?
14
Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".
15
A Sara estáballe entrando medo, e negou: —"Non rin". Pero el insistiu: —"Non o negues: ti riches".
16
Os homes erguéronse de alí e ollaron cara a Sodoma. Abraham acompañábaos para lles dar a despedida.
17
O Señor dixo para si: —"Voulle esconder a Abraham o que penso facer?
18
Abraham converterase nun pobo grande e podente e nel veranse benditas todas as nacións da terra.
19
Escollino para que lles mande a seus fillos, a toda a súa casa e ós seus descendentes mantérense nos camiños do Señor, obrando con rectitude e con xustiza, de xeito que o Señor lle outorgue a Abraham o que lle prometeu".
20
O Señor seguiu dicindo: —"O clamor contra Sodoma e Gomorra é moi grande; o seu pecado é grave.
21
Vou baixar e ver se este clamor que chega onda min corresponde cos feitos; e se non, sabereino".
22
Os homes dirixíronse desde alí cara a Sodoma, pero Abraham quedou diante do Señor.
23
Abraham adiantouse cara ó Señor e preguntoulle: —"Por caso aniquilarías os inocentes cos culpables?
24
Se houbese cincuenta xustos na cidade, aniquilaríalos tamén, e non perdoarías o lugar por mor dos cincuenta xustos que houber nel?
25
Lonxe de ti facer tal cousa! Matar o inocente co culpado, e que teñan os dous a mesma sorte. Lonxe de ti! O que xulga a terra enteira, non vai facer xustiza?"
26
O Señor respondeu: —"Se houbese cincuenta xustos en Sodoma, perdoaría a toda a cidade por mor deles".
27
Abraham insistiu: —"Perdoa o atrevemento de lle falar ó meu Señor, sendo eu po e cinsa.
28
Se para cincuenta xustos faltan cinco, aniquilarías por culpa dos cinco toda a cidade?" Respondeu o Señor: —"Non a destruirei, se atopo corenta e cinco".
29
Abraham insinuou: —"Se cadra, hai corenta". El respondeu: —"Non o farei, en vista dos corenta".
30
Abraham dixo: —"Que non se enfade o meu Señor, se volvo falar aínda. E se houbese trinta?" El respondeu: —"Non o farei, se atopo trinta".
31
Abraham teimou aínda: —"Voume atrever a lle falar outra vez ó meu Señor. Podería ser que houbese vinte". Respondeu o Señor: —"Non a destruirei en graza ós vinte".
32
Abraham dixo: —"Que non se alporice o meu Señor, e falarei aínda unha vez. E se houbese dez?" El respondeu: —"Non a destruirei por mor dos dez".
33
Desque acabou de falar con Abraham, o Señor retirouse, e Abraham volveu ó seu lugar.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50