bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 6
Genesis 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 7 →
1
A humanidade creceu, estendeuse pola terra e nacéronlle fillas.
2
En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.
3
Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos".
4
Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.
5
O ver o Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que todos os seus pensamentos eran só para o mal,
6
Arrepentiuse de os ter posto sobre a terra, pesoulle no corazón.
7
E decidiu: —"Vou borrar da terra o home que creei, e con el tamén o gando, as feras e os paxaros, pois mesmo sinto telos feito".
8
Pero Noé achou o favor do Señor.
9
Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.
10
Tiña tres fillos, Sem, Cam e Iafet.
11
Ora que a terra estaba toda enviciada ós ollos de Deus, chea de violencia.
12
Deus ollou para a corrupción na que toda a terra caera, pola conduta dos homes,
13
e díxolle a Noé: —"Para min chegou a fin de todos os seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.
14
Ti constrúe unha arca de madeira resinosa. Fai nela celas e calafatéaa con betume por dentro e por fóra.
15
Farala deste xeito: o longo de trescentos cóbados, o ancho de cincuenta, a altura de trinta.
16
Poraslle unha cuberta; un cóbado debaixo dela deixaraslle unha bufarra e por un lado unha porta; levará tres pisos superpostos: o baixo, o medio e o alto.
17
Eu vou mandar un diluvio —as augas— sobre a terra, para acabar coa vida toda de debaixo do ceo: perecerá canto hai na terra.
18
Pero contigo establezo unha alianza. Ti entra na arca cos teus fillos, coa túa muller e coas mulleres de teus fillos.
19
Meterás tamén nela, para que salven a vida, unha parella de animais, macho e femia, de todas as especies,
20
paxaros, animais domésticos, réptiles, conforme as súas especies respectivas.
21
Terás que te prover de alimentos e os gardar contigo, para que vos sirvan de mantenza a ti e mais a eles".
22
Noé fixo todo conforme Deus lle mandara.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50