bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 43
Genesis 43
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 42
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 44 →
1
A fame apertaba en Canaán.
2
Cando se lles acabaron as provisións que trouxeran de Exipto, Xacob díxolles a seus fillos: —"Volvede alá, e mercade qué comer".
3
Respondeulle Xudá: —"O home aquel xurounos: Non vos quero ver diante de min, se non está convosco voso irmán.
4
Se consentes, pois, que veña connosco noso irmán, iremos alá e poderemos mercar víveres.
5
Pero se non consentes, non iremos, pois aquel home díxonos: Non vos quero ver diante, se non está convosco o voso irmán".
6
Díxolles Israel: —"Por que me fixestes este mal de lle dicir a aquel home que tiñades outro irmán?"
7
Respondéronlle: —"O home aquel non paraba de preguntarnos acerca de nós e das nosas familias: Vive aínda voso pai? Tedes algún outro irmán? Nós respondiamos a todo o que el nos preguntaba. Como podiamos sospeitar que nos diría: Traédeme a voso irmán".
8
Xudá díxolle entón a Israel seu pai: —"Deixa vir comigo o rapaz, e vaiamos xa, para salvar a vida. Doutro xeito morreremos, ti, nós e nosos fillos.
9
Eu respondo polo rapaz. Ti poderasme pedir contas. Se non cho traio de volta e non cho poño diante, quedarei en culpa contigo para sempre.
10
Se non fose por estas dúbidas, agora estariamos xa de volta dúas veces".
11
Díxolles seu pai Xacob: —"Se ten, pois, que ser, facede como vos digo: collede uns cestos cos mellores froitos do país e levádelle un regalo a aquel home: un pouco de resina, un pouco de mel, goma, mirra, láudano, pistachos e améndoas.
12
Levade tamén convosco o dobre do diñeiro e volvédelle o que puxeron na boca das vosas sacas, pois se cadra foi un erro.
13
Collede a voso irmán e ide ver a aquel home.
14
Que o Deus todopoderoso faga que teña dó de vós e deixe vir convosco a voso irmán e a Benxamín. Canto a min, se teño que quedar só, quedarei".
15
Os homes colleron consigo os regalos, o dobre do diñeiro e a Benxamín, encamiñáronse para Exipto e presentáronse a Xosé.
16
Cando Xosé viu a Benxamín cos irmáns, díxolle ó seu mordomo: —"Leva estes homes para a casa, mata un animal e prepárao, pois xantarán comigo".
17
O criado cumpriu o que o amo lle mandara: levou os homes á casa de Xosé.
18
O vérense conducidos á casa de Xosé, os homes colleron medo, pois pensaban: —"Tráennos aquí por culpa do diñeiro que a primeira vez puxeron nas nosas sacas, para botarse en nós, baternos, converternos en escravos e quedaren cos nosos asnos".
19
Entón acaroáronse ó mordomo de Xosé e dixéronlle, á porta da casa:
20
—"Escóitanos, señor. Nós xa viñemos outra vez para mercarmos víveres.
21
Mais, en chegando, de volta, á pousada, abrimos as nosas sacas e na boca de cada saca atopamos o diñeiro que antes pagaramos. Agora aquí o traemos.
22
Para mercarmos novos víveres, trouxemos outros cartos. Non sabemos quen puido meter nas nosas sacas o diñeiro".
23
Díxolles el: —"Estádevos tranquilos e non teñades medo. O voso Deus e Deus dos vosos pais púxovos nas sacas o tesouro. O voso diñeiro eu recibino". E tróuxolles a Simeón.
24
Logo fíxoos entrar na casa de Xosé, deulles auga para lavaren os pés, e ós asnos botoulles penso.
25
Eles dispuxeron os regalos para cando chegase Xosé, ó mediodía, pois oíran que xantarían alí con el.
26
Cando Xosé entrou na casa, presentáronlle os regalos que trouxeran, e prostráronse no chan.
27
Xosé preguntoulles: —"Como estades? O voso vello pai, de quen me falastes, está ben? Vive aínda?"
28
Eles dixeron: —"Os teus servos están ben, noso pai vive aínda". E prostráronse por terra outra vez.
29
Nisto puxo Xosé os ollos en Benxamín, seu irmán, fillo da mesma nai, e preguntou: —"É este voso irmán máis pequeno, do que me falastes?" E coa mesma díxolle a el: —"Deus te garde, meu fillo".
30
E retirouse axiña, pois, conmovido á vista do irmán, tiña ganas de chorar. Entrou na súa cámara e chorou.
31
Logo lavou a cara e saíu. E mandou servir o xantar.
32
Servíronlle a el por un lado, ós seus irmáns por outro, e á parte ós exipcios que o acompañaban, pois ós exipcios estalles prohibido comer onda os hebreos; téñeno por cousa mala.
33
Sentados fronte a Xosé, comezando o primoxénito e rematando o máis novo, ollábanse admirados uns ós outros.
34
Xosé mandáballes talladas da súa mesa. A tallada de Benxamín era cinco veces máis grande. Eles beberon e alegráronse na compaña de Xosé.
← Chapter 42
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 44 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50