bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 14
Genesis 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 15 →
1
Amrafel rei de Xinar, Arioc rei de Elasar, Codorlaomer rei de Elam e Tidal rei de Goim
2
emprenderon guerra contra Bera rei de Sodoma, Birxá rei de Gomorra, Xinab rei de Ademah, Xeméber rei de Seboim e o rei de Bela que é Soar.
3
Os últimos xuntáronse no val de Sidim que é o mar Morto.
4
Levaban doce anos pagando tributo a Codorlaomer, pero no décimo terceiro revoltáronse.
5
O ano décimo cuarto veu Codorlaomer cos reis aliados seus e derrotaron ós refaítas en Axterot Carnaim, ós zuritas en Ham, ós emitas no val de Quiriataim
6
e ós hurritas nos montes de Seir, ata El-Parán, á beira do deserto.
7
Logo deron volta e chegaron a Ein-Mixpat que é Cadex, e arrasaron ós amalecitas en todo o seu territorio e ós amorreos que habitaban en Hasesón-Tamar.
8
Entón saíron os reis de Sodoma, de Gomorra, de Ademah, de Seboim e de Bela que é Soar, e presentaron batalla no val de Sidim
9
contra Codorlaomer rei de Elam, Tidal rei de Goim, Amrafel rei de Xinar e Arioc rei de Elasar. Catro reis contra cinco.
10
O val está acugulado de pozos de betume. Os reis de Sodoma e de Gomorra caeron neles e os outros fuxiron á montaña.
11
Os inimigos repañaron os bens e as provisións todas de Sodoma e de Gomorra, e fóronse con elas.
12
O marcharen, levaron tamén consigo a Lot, sobriño de Abram, que habitaba en Sodoma, e as súas posesións.
13
Chegou un fuxitivo e contoulle todo a Abram o hebreo, que habitaba na carballeira de Mambré o amorreo, parente de Excol e de Aner, aliados de Abram.
14
Cando este oíu que o seu sobriño estaba preso, mobilizou trescentos dezaoito dos seus criados adestrados, nacidos na súa casa, e perseguiu os inimigos ata Dan.
15
Dispuxo contra eles os seus homes, e de noite botouse enriba deles e mallounos. Logo perseguiunos ata Hoba, ó norte de Damasco
16
e recobrou todos os bens, e tamén a Lot seu sobriño, coas súas posesións, as súas mulleres e toda a súa xente.
17
Cando Abram tornaba de derrotar a Codorlaomer e ós seus aliados, saíu ó seu encontro o rei de Sodoma, no val de Xaveh, que é o val do rei.
18
Melquisédec, rei de Salem, sacerdote do Deus Altísimo, sacou pan e viño
19
e bendiciu a Abram con estas palabras: —"Bendito sexa Abram polo Deus Altísimo, que fixo ceo e terra.
20
Bendito sexa o Deus Altísimo, que puxo os teus inimigos na túa man". Abram deulle a Melquisédec o décimo de toda a súa presa.
21
O rei de Sodoma díxolle a Abram: —"Dáme os homes, e garda para ti as posesións".
22
Pero Abram respondeulle: —"Xuro polo Señor, o Deus Altísimo, que fixo ceo e terra,
23
que non collerei nada teu, nin un fío nin o amalló dunha sandalia, para que non poidas dicir: Enriquecín a Abram.
24
Poñéndome a min fóra da conta, soamente acepto o que comeron os meus servos e o que lles corresponde ós que me acompañaron, Aner, Excol e Mambré. Eles, que collan o que é seu".
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50