bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 49
Genesis 49
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 48
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 50 →
1
Xacob convocou con estas palabras a seus fillos: —"Xuntádevos, e direivos o que vos vai pasar nos tempos que han vir.
2
Reunídevos, e escoitade, fillos de Xacob, escoitade a Israel, voso pai.
3
Rubén, ti es o meu primoxénito, a miña forza, a primicia do meu vigor, primeiro en dignidade, primeiro en poder.
4
Arrogante coma as augas, xa non medras, porque subiches ó leito de teu pai e, ó subires, profanaches o meu tálamo.
5
Simeón e Leví son irmáns que trafican con instrumentos de violencia.
6
Non quero entrar no seu concello, nin ser socio da súa asemblea, pois con asañamento mataron homes, por capricho esgazaron touros.
7
Maldita, por fera, a súa carraxe, a súa cólera, por dura. Dividireinos en Xacob, ciscareinos por Israel.
8
Xudá, a ti loarante teus irmáns, Porás a túa man na cerviz dos teus inimigos, prostraránseche teus irmáns.
9
Xudá é león agachado; sobes de facer presa, meu fillo. Coma león, repousa deitado, coma leoa, quen o fará erguer?
10
Non se afastará o cetro de Xudá nin de entre os seus pés o báculo, ata que chegue o seu dominador e os pobos o obedezan.
11
Amarra o seu burro na vide, o seu burriño no bacelo. Lava en viño o seu manto, no sangue das uvas a súa túnica.
12
Ten os ollos rubios de viño, os dentes brancos de leite.
13
Zebulón asentará na beiramar, está onde fondean os barcos, chega coas ás a Sidón.
14
Isacar é burro rexo, deitado nas súas cortes.
15
Atopou bo o lugar do seu acougo, agasalleira a súa terra, puxo a carga ó lombo, e someteuse ó traballo de escravos.
16
Dan gobernará o seu pobo coma unha das tribos de Israel.
17
Coma cobra no camiño, coma víbora no carreiro, morde o cabalo nas unllas e o cabaleiro cae para atrás.
18
Eu espero, Señor, a túa salvación!
19
Gad é atacado por ladróns, pero el ataca por detrás.
20
Axer ten pan moi substancioso, produce manxares de reis.
21
Naftalí é corzo ceibe, que dá corzos fermosos.
22
Xosé é árbore frutífera onda a fonte, gromo que puxa polo muro.
23
Os arqueiros provócano, combáteno e téntano.
24
O arco del resiste, mentres a eles lles tremen os brazos e as mans, diante do Deus poderoso de Xacob, do pastor e da pedra de Israel.
25
O Deus de teu pai é a túa axuda, o Deus todopoderoso bendí o teu ser con bendicións de arriba, do ceo, con bendicións de abaixo, do abismo, con bendicións de peitos e seo.
26
As bendicións de teu pai son máis abondosas cás das montañas antigas e cás delicias dos outeiros eternos. Veñan sobre a cabeza de Xosé, sobre a testa do elixido dos irmáns.
27
Benxamín é lobo rapineiro: Pola mañá engole a presa, pola tarde reparte os despoxos".
28
Estas son as doce tribos de Israel e isto o que lles dixo seu pai, cando bendiciu a cada unha coa súa propia bendición.
29
Despois deulles estas ordes: —"Eu estou para ir xuntarme co meu pobo. Enterrádeme con meus pais, na cova que está no eido de Efrón o hitita.
30
É a cova de Macpelah, enfronte de Mambré, en Canaán, a mesma que Abraham lle comprara a Efrón o hitita, para sepultura en propiedade.
31
Alí enterraron a Abraham e a Sara, súa muller; alí enterraron a Isaac e a Rebeca, súa muller; e alí enterrei eu a Lea.
32
O eido e mais a cova que hai nel foron comprados ós hititas".
33
En acabando de dar as súas ordes, Xacob encolleu os pés na cama, expirou e foi xuntarse cos seus.
← Chapter 48
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 50 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50