bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 17
Genesis 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 18 →
1
Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.
2
Eu establezo entre nós os dous unha alianza. Fareite crecer moito".
3
Abram prostrouse por terra, e Deus díxolle:
4
—"Esta é a alianza que eu fago contigo: Serás pai de moitos pobos.
5
Non te seguirás chamando Abram; o teu nome será Abraham, porque te fago pai de moitos pobos.
6
Dareiche fecundidade, sacarei de ti nacións, de ti sairán reis.
7
Establezo a miña alianza, alianza perpetua, contigo e cos teus descendentes, polas xeracións vindeiras. Eu serei o teu Deus e o dos teus descendentes.
8
Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".
9
Deus díxolle a Abraham: —"Gardarás a miña alianza, ti e mais os teus descendentes, polas xeracións vindeiras.
10
Esta é a alianza que eu fago contigo e cos teus descendentes, e que habedes de gardar:
11
Circuncidade a pel do prepucio, en sinal de alianza entre nós.
12
Os oito días de nacer, circuncidade todos os varóns, unha xeración tras outra, o mesmo os nacidos na casa, coma os forasteiros adquiridos por diñeiro, que non son descendentes teus.
13
Circuncidade os nacidos na casa e os adquiridos por diñeiro, e a miña alianza estará no voso corpo como alianza perpetua.
14
O varón non circuncidado, coa pel do prepucio sen cortar, será el cortado do seu pobo, pois viola a miña alianza".
15
O Señor díxolle a Abraham: —"A túa muller non seguirá chamándose Sarai. O seu nome é Sara.
16
Bendicireina e dareiche un fillo dela; bendicireina e será nai de nacións, nacerán dela reis de pobos".
17
Abraham prostrouse por terra e sorriu, pensando para si: —"Un home de cen anos terá un fillo, e Sara ós seus noventa parirá!"
18
E suplicoulle a Deus: —"Oxalá deixes vivir a Ismael!"
19
Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.
20
En canto a Ismael, tamén te escoitarei. Bendicireino, dareille fecundidade e fareino crecer moito. Xerará doce príncipes e convertereino nun gran pobo.
21
Pero a miña alianza establecereina con Isaac, o fillo que che dará Sara de hoxe nun ano".
22
En acabando de falar, Deus foise de onda Abraham.
23
Abraham colleu o seu fillo Ismael, os servos todos nacidos na súa casa e os adquiridos por diñeiro, todo varón da súa casa, e circuncidou ese mesmo día a pel dos seus prepucios, conforme Deus lle mandara.
24
Abraham tiña noventa e nove anos cando circuncidou a pel do seu prepucio,
25
e Ismael tiña trece.
26
No mesmo día circuncidouse Abraham e seu fillo Ismael.
27
Con eles circuncidáronse tamén todos os varóns da súa casa, o mesmo os nacidos nela coma os adquiridos por diñeiro.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50