bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 44
Genesis 44
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 43
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 45 →
1
Xosé deulle ó seu mordomo esta orde: —"Ateiga de víveres as sacas, canto poidan levar, e pon o diñeiro de cada un na boca da súa saca.
2
E a miña copa, a de prata, métea na saca do máis novo, xunto co seu diñeiro". E el fixo o que Xosé lle ordenou.
3
O amañecer, os homes foron despedidos e marcharon cos seus asnos.
4
Saíron da cidade e, cando non ían aínda lonxe, mandou Xosé ó xefe da súa casa: —"Vai detrás deses homes e, cando os atrapes, dilles: Por que pagastes mal por ben?
5
Non levades aquí a copa onde bebe o meu señor e da que se serve para adiviñar? O que fixestes está mal".
6
O home atrapounos e repetiulles as palabras.
7
Respondéronlle eles: —"Señor, por que nos falas dese xeito? Lonxe dos teus servos faceren semellante cousa.
8
Viches que o diñeiro que encontramos na boca das nosas sacas, trouxémoscho desde Canaán. Cómo iamos roubar prata nin ouro da casa do teu señor?
9
Aquel dos teus servos a quen se lle atope a copa, será reo de morte, e todos os demais quedaremos como escravos do noso señor".
10
Díxolles el: —"Que sexa deste xeito: Aquel a quen se lle atope a copa será escravo meu; os demais quedaredes libres".
11
Cada un baixou de seguida ó chan a súa saca, e abriuna.
12
El comezou a cachear polo maior e acabou polo máis pequeno. E atopou a copa na saca de Benxamín.
13
Eles esgazaron as vestiduras, cargaron os seus asnos e volveron para a cidade.
14
Xudá e seus irmáns entraron na casa de Xosé que estaba aínda alí, e prostráronse por terra diante del.
15
Xosé díxolles: —"Que feito é ese que fixestes? Non sabiades que un home coma min ten o poder de adiviñar?"
16
Respondeulle Xudá: —"Que poderiamos responder ó noso señor? Con que palabras mostrar a nosa inocencia? Deus mostrou culpables ós teus servos. Recoñecémonos escravos de meu señor, o mesmo nós coma o que tiña a copa no seu poder".
17
Dixo Xosé: —"Lonxe de min facer tal cousa. Aquel que tiña a copa no seu poder quedará por escravo meu. E vós marchade en paz para onda voso pai".
18
Dirixíndose a Xosé, dixo Xudá: —"Rógoche, meu señor, que lle consintas ó teu servo dicir unha palabra, sen que o meu señor se anoxe. Ti es coma o faraón.
19
O meu señor preguntoulles ós seus servos: Tedes pai ou algún outro irmán?
20
E nós respondémoslle ó meu señor: Temos un pai xa vello e un irmán pequeno, que lle naceu na súa vellez. Un irmán seu, da mesma nai, está xa morto. Agora quedoulle só el, e o pai quéreo moito.
21
Ti dixécheslles entón ós teus servos: Traédemo aquí, para que o vexa cos meus ollos.
22
Nós dixemos ó meu señor: O rapaz non pode deixar só a seu pai, pois se o deixase, morrería.
23
E ti dixécheslles ós teus servos: Se non vén convosco o irmán máis novo, non volveredes ver a miña cara.
24
Nós volvemos para onda teu servo, noso pai, e referímoslle o que nos dixera o meu señor.
25
Cando noso pai nos mandou: Volvede alá e mercade algo que comer,
26
nós respondémoslle: Non podemos ir alá. Iremos, se noso irmán máis pequeno vai connosco; onda non, non poderemos presentarnos diante daquel home.
27
Entón díxonos o teu servo, noso pai: Sabedes que a miña muller me deu dous fillos.
28
Un deles foise de onda min, e penso que foi esnaquizado; ata hoxe non o vin máis.
29
Se agora me levades estoutro e lle pasa unha desgraza, enterraredes un vello, que morre cheo de dor.
30
Se eu volvo agora onda teu servo, meu pai, e non vai connosco o rapaz, téndolle o apego que lle ten,
31
en vendo que el falta, morrerá, e nós enterraremos ó teu servo, noso vello pai, colmado de pesar.
32
Este teu servo respondeu ante seu pai polo rapaz, xurando: Se non che volvo o rapaz, quedarei en culpa diante de meu pai por toda a vida.
33
Agora pídoche que poida este teu servo quedar de escravo do meu señor no posto do rapaz, e que poida el subir con seus irmáns.
34
Como podería eu volver onda meu pai, sen levar o rapaz comigo? Que eu non vexa a meu pai en tan grande aflición!"
← Chapter 43
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 45 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50