bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 37
Genesis 37
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 38 →
1
Xacob estableceuse na terra de Canaán, a onde seu pai peregrinara.
2
E esta é agora a historia da familia de Xacob. Cando Xosé era un rapaz de dezasete anos e gardaba o gando cos irmáns, fillos de Bilhah e de Zilpah, mulleres de seu pai, chegou un día e acusounos diante deste dun mal feito.
3
Israel quería a Xosé máis ca a ningún dos fillos, porque lle nacera na vellez. E encargou para el unha túnica de mangas.
4
Seus irmáns, ó dárense conta de que seu pai o prefería, colléronlle xenreira e non podían falar de boas con el.
5
Xosé tivo un soño e contóullelo ós irmáns, polo que estes o aborreceron aínda máis.
6
Díxolles el: —"Escoitade o que soñei.
7
Parecíame que estabamos na eira atando monllos. Nisto o meu monllo levantouse e tíñase ergueito; os vosos, en troques, rodeábano e prostrábanse diante del".
8
Dixéronlle os irmáns: —"Seica queres ser o noso rei e fas conta de dominarnos?" E aborrecérono aínda máis, por culpa dos soños e da súa interpretación.
9
Tivo Xosé outro soño e contóullelo tamén ós irmáns. Tiven estoutro soño: —"O sol, a lúa e once estrelas prostrábanse diante de min".
10
Cando llelo contou a seu pai e a seus irmáns, o pai reprendeuno: —"Que clase de soño é ese? Teremos que vir e prostrarnos diante túa eu, túa nai e teus irmáns?"
11
Os irmáns tíñanlle envexa, pero seu pai gardaba a cousa nos adentros.
12
Os irmáns de Xosé foran para Xequem apacentar os fatos de seu pai.
13
Israel díxolle a Xosé: —"Teus irmáns estarán co gando en Xequem. Ven, que te vou mandar onda eles". Xosé respondeulle: —"Aquí me tes".
14
Israel díxolle: —"Vai ver se están ben os teus irmáns e o gando, e logo tráesme as novas". Despediuno no val de Hebrón, e el marchou para Xequem.
15
Cando andaba dando voltas, perdido polo monte, encontrouno un home e preguntoulle: —"Ti que buscas?"
16
Respondeu el: —"Busco a meus irmáns. Dime, se podes, onde andan co gando".
17
O home díxolle: —"Fóronse de aquí. Oínlles dicir: Vaiámonos a Dotán". Xosé foi tras eles, e encontrounos en Dotán.
18
Vírono eles desde lonxe e, antes de que chegase, matinaron matalo.
19
Dicíanse uns ós outros: —"Aí vén ese soñador.
20
Imolo matar agora mesmo. Botarémolo nun pozo e diremos que unha fera salvaxe o devorou. Veremos en que paran os seus soños".
21
En oíndo isto Rubén, tratou de o librar das súas mans, e propuxo: —"Non lle quitemos a vida".
22
E engadiu, coa intención de o salvar e de llo volver a seu pai: —"Non vertades o seu sangue. Botádeo nunha cisterna do deserto, pero non poñades as mans nel".
23
En chegando Xosé onda os irmáns, estes quitáronlle a túnica, aquela túnica de mangas que levaba posta,
24
e despois guindárono na cisterna. Pero esta non tiña auga.
25
Sentados para comer, ergueron os ollos e viron unha caravana de ismaelitas que viña de Galaad, cos camelos cargados de especias, de bálsamo e resina, camiño de Exipto.
26
Nisto díxolles Xudá a seus irmáns: —"Que proveito tiraremos con matar o noso irmán e tapar o seu sangue?
27
Vaiamos, vendámosllelo ós ismaelitas. Non poñamos as mans nel, pois é noso irmán, do noso sangue". Os irmáns asentiron.
28
Pasaron unhas caravanas madianitas, e os irmáns tiraron a Xosé do fondo do pozo. Por vinte moedas de prata vendérono ós ismaelitas, que o levaron a Exipto.
29
Cando volveu Rubén ó pozo e non atopou a Xosé, rachou os seus vestidos,
30
e foi onda os irmáns para lles dicir: —"O rapaz non está. A onde vou eu agora?"
31
Eles colleron a túnica de Xosé, mataron un cabuxo, tinxírona co sangue
32
e mandárona levar a seu pai, con este recado: —"Atopamos isto. Mira se é ou non a túnica de teu fillo".
33
Xacob recoñeceu a túnica, e dixo: —"É a túnica de meu fillo. Devorouno unha fera salvaxe. Xosé foi esnaquizado".
34
Xacob rachou os seus vestidos, cubriuse de saco e fixo por moito tempo loito polo fillo.
35
Todos os fillos e fillas viñeron consolalo, pero el rexeitaba o consolo, dicindo: —"Baixarei coa dor ó sepulcro co meu fillo". E choraba por el.
36
Os madianitas, pola súa banda, venderon a Xosé en Exipto a Potifar, alto funcionario do faraón, xefe da súa garda.
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 38 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50