bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 46
Genesis 46
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 45
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 47 →
1
Israel emprendeu a viaxe, con toda a súa xente e as súas posesións. En chegando a Beerxeba, ofreceu un sacrificio ó Deus de seu pai, Isaac.
2
Nunha visión, de noite, Deus chamou a Israel: —"Xacob! Xacob!" El respondeu: —"Aquí estou".
3
Díxolle Deus: —"Eu son o Deus de teu pai. Non teñas medo de ires a Exipto, pois alí convertereite nun grande pobo.
4
Eu baixarei alá contigo e farei que volvas aquí. Xosé pecharache os ollos".
5
Xacob dispúxose logo a saír de Beerxeba. Os fillos montaron a seu pai, os nenos e as mulleres nos carros que lles mandara o faraón para levalos.
6
Colleron tamén os gandos e as posesións que adquiriran no país de Canaán, e chegaron a Exipto. Xacob levaba consigo para alá todos os seus descendentes:
7
os fillos e os netos, as fillas e as netas, todos os descendentes.
8
Estes son os nomes dos fillos de Israel que foron para Exipto: Xacob e mais os seus fillos Rubén, primoxénito de Xacob,
9
e os seus fillos: Hanoc, Palú, Hesrón e Carmí.
10
Simeón e seus fillos: Iemuel, Iamín, Ohad, Iapín, Sohar e Xaúl, fillo da cananea.
11
Leví e seus fillos: Guerxón, Quehat e Merarí.
12
Xudá e seus fillos: Er, Onán, Xela, Peres e Zérah; Er e Onán morreron en Canaán, e Peres tiña dous fillos: Hesrón e Hamul.
13
Isacar e seus fillos: Tolá, Puvah, Iob e Ximrón.
14
Zebulón e seus fillos: Séred, Elón e Iahleel.
15
Estes son os fillos que Lea lle deu a Xacob en Padán-Aram, ademais da filla Dinah. Por xunto eran trinta e tres fillos e fillas.
16
Gad e seus fillos: Sifión, Haguí, Xuní, Esbón, Erí, Arodí e Arelí.
17
Axer e seus fillos: Iimnah, Ixvah, Ixví, Beriah e Sérah súa irmá; fillos de Beriah: Héber e Malquiel.
18
Estes son os fillos que lle deu a Xacob Zilpah, a criada que Labán lle dera a Lea súa filla; dezaseis persoas por xunto.
19
Fillos de Raquel, muller de Xacob: Xosé e Benxamín.
20
A Xosé deulle en Exipto dous fillos Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On: Menaxés e Efraím.
21
Benxamín e seus fillos: Bela, Béquer, Axbel, Guerá, Naamán, Ehí, Rox, Mupim, Hupim e Ared.
22
Estes son os fillos que Raquel lle deu a Xacob; catorce persoas por xunto.
23
Dan e seu fillo Huxim.
24
Naftalí e seus fillos: Iahseel, Guní, Iéser e Xilem.
25
Estes son os fillos que lle deu a Xacob Bilhah, a criada que Labán lle dera á súa filla Raquel: sete persoas por xunto.
26
O total das persoas que foron a Exipto con Xacob, todos os seus descendentes, fóra das súas noras, era de sesenta e seis.
27
Cos dous fillos que lle naceron en Exipto a Xosé, a familia de Xacob compúñase alí de setenta persoas.
28
Xacob mandou diante a Xudá para lle dar novas a Xosé de que estaban chegando a Goxén.
29
Xosé mandou enganchar o carro, e saíu para Goxén, ó encontro de Israel seu pai. En véndoo, correu abrazalo, e chorou abrazado a el.
30
Israel díxolle a Xosé: —"Agora podo morrer, despois de que te vin vivo aínda".
31
Xosé díxolles a seus irmáns e á familia de seu pai: —"Voulle levar a nova ó faraón: Viñeron onda min meus irmáns e a familia de meu pai, que estaba en Canaán.
32
Son pastores de rabaños, criadores de gando. Trouxeron os seus fatos, os seus gandos, e todo o que tiñan.
33
Cando vos chame o faraón e vos pregunte: Cál é a vosa profesión?,
34
dirédeslle: Os teus servos son criadores de gando, desde rapaces ata agora; e, coma nós, fórono xa os nosos pais. Dese xeito poderedes asentar na terra de Goxén, pois os exipcios aborrecen os pastores de rabaños".
← Chapter 45
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 47 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50