bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 32
Genesis 32
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 33 →
1
Labán ergueuse cedo, bicou as súas fillas e os seus netos, bendiciunos e deu volta para á casa.
2
Xacob seguiu o seu camiño, atopouse cos anxos de Deus
3
e, en véndoos, exclamou: —"Campamento de Deus é este". E púxolle a aquel lugar o nome de Mahanaim.
4
Xacob mandou por diante mensaxeiros a seu irmán Esaú, no país de Seir nos campos de Edom.
5
Encargoulles que lle dixesen a Esaú: —"Meu señor, isto di Xacob o teu servidor: Estiven vivindo con Labán e demoreime ata agora.
6
Teño bois, ovellas, servos e servas; e mándollo dicir ó meu señor para pedirlle o seu favor".
7
Volveron os mensaxeiros e dixéronlle a Xacob: —"Chegamos e atopámonos con teu irmán Esaú. El vén tamén ó teu encontro con catrocentos homes".
8
A Xacob entroulle moito medo e, estarrecido, dividiu en dous campamentos a súa xente, as ovellas, os bois e os camelos.
9
Pensaba desta maneira: —"Se Esaú se mete nun campamento e o ataca, salvarase o outro".
10
E Xacob fixo esta oración: —"Deus de meu pai Abraham, Deus de meu pai Isaac, Señor que me dixeches: Volta á patria onde naciches: eu farei que che vaia ben.
11
Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti trataches o teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e gora traio dous campamentos.
12
Líbrame do poder de meu irmán, das mans de Esaú, pois teño moito medo de que chegue e nos mate a min e ás nais, xunto cos fillos.
13
Mais ti tesme prometido: Farei que che vaia moi ben e acrecentarei os teus descendentes coma a area do mar, que non se pode contar de tanta que é".
14
Xacob pasou alí aquela noite. Do que tiña á man colleu regalos, para agasallar a Esaú, seu irmán:
15
duascentas cabras, vinte castróns, duascentas ovellas, vinte carneiros,
16
trinta camelas paridas coas súas crías, corenta vacas, dez touros, vinte asnas e dez asnos.
17
Repartiunos en fatos, cada un ó cargo dun criado, e mandoulles: —"Pasade diante de min e deixade un espazo entre fato e fato".
18
O primeiro mandoulle: —"Cando te encontres con meu irmán Esaú e el che pregunte: De quen es ti, a onde vas, para quen é iso que levas?, ti diraslle:
19
É un agasallo que o teu servo Xacob manda ó meu señor Esaú. El vén tamén detrás de nós".
20
Iso mesmo ordenoullo ó segundo e a todos os que ían guiando os outros fatos: —"Dirédeslle todos iso a Esaú, cando o encontredes.
21
E dirédeslle tamén: —O teu servo Xacob vén tras de nós". Pensaba deste xeito: —"Acalmareino cos agasallos que lle mando por diante. Logo, cando eu chegue onda el, quizais me acolla ben".
22
Os regalos foron diante, e el durmiu no campamento aquela noite.
23
Xacob ergueuse de noite, colleu as dúas mulleres, as dúas servas e os once fillos, e atravesou o vao do Iaboc.
24
Despois que os pasou a eles, fixo pasar toda a facenda.
25
Xacob quedou só. Un home loitou con el ata o amañecer.
26
En vendo o home que non podía nel, feriuno, no medio da loita, na articulación da coxa e escordoulla.
27
Logo díxolle: —"Déixame marchar, que xa rompe o día". Respondeulle Xacob: —"Non te deixarei, namentres non me bendigas".
28
Preguntoulle el: —"Como te chamas?" Respondeulle: —"Xacob".
29
Díxolle el: —"Desde hoxe non te chamarás Xacob, senón Israel, porque loitaches con Deus e cos homes, e puidécheslles".
30
Preguntoulle Xacob: —"Dime agora o teu nome". El dixo: —"Por que preguntas polo meu nome?" E deulle alí mesmo a bendición.
31
Xacob púxolle a aquel lugar o nome de Penuel, porque dicía: —"Vin a Deus cara a cara e puiden seguir vivindo".
32
Cando atravesaba Penuel saía o sol, e el ía coxo dunha perna.
33
Por iso os israelitas non comen o tendón da articulación da coxa ata o día de hoxe, por ser Xacob ferido nel.
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 33 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50