bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 39
Genesis 39
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 40 →
1
Os ismaelitas levaron a Xosé para Exipto e vendéronllo ó exipcio Potifar, alto funcionario do faraón, xefe da súa garda.
2
O Señor favoreceu a Xosé e deulle boa sorte en todo o que facía na casa do amo exipcio.
3
O seu amo decatouse de que o Señor estaba con el, facendo prosperar todo nas súas mans;
4
colleulle afecto a Xosé e gardouno ó seu servizo. Encargoulle o goberno da casa e encomendoulle toda a facenda.
5
Desde que lle encomendou a Xosé a súa casa e toda a súa facenda, o Señor bendiciu por causa del a Potifar e acrecentou todo o que tiña, o mesmo na casa coma fóra.
6
O exipcio deixouno todo nas súas mans, sen preocuparse persoalmente máis ca da comida. Xosé era fermoso e ben plantado.
7
Despois de certo tempo, a muller de Potifar pousou os ollos en Xosé e propúxolle: —"Déitate comigo".
8
El refugou a proposta, dicindo: —"Ves que o meu amo non se ocupa de cousa ningunha na súa casa, senón que deixou nas miñas mans todo o que ten.
9
Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"
10
Ela teimaba un día tras outro, mais el non lle facía caso e non se deitou con ela.
11
Un día que entraba el na casa para facer o seu traballo, cando non había alí ningún da casa,
12
Agarrouse ela ó seu manto, esixíndolle: —"Déitate comigo". El deixou o manto nas mans dela e fuxiu para fóra.
13
O verse ela co manto nas súas mans e que el se botara fóra,
14
chamou ós criados e díxolles: —"Vede, trouxéronos aquí este hebreo para que se aproveitase de nós. Veu onda min coa intención de se deitar comigo; pero eu chamei a berros.
15
Cando viu que eu chamaba a berros, deixou o manto onda min e fuxiu para fóra".
16
Ela gardou consigo o manto para, cando viñese á casa o seu home,
17
volver contarlle todo: —"O servo hebreo que trouxeches, veu onda min e quería aproveitarse de min.
18
Cando viu que eu chamaba a berros, deixou o manto onda min e fuxiu para fóra".
19
O que Potifar oíu o que lle dicía a súa muller: —"Isto e isto fíxome o teu servo", enrabechouse moitísimo,
20
e meteu a Xosé no cárcere, onde estaban os presos do rei. Xosé quedou alí encarcerado.
21
Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere.
22
Este encomendoulle os presos que alí había, e facíase todo o que el mandaba.
23
O xefe do cárcere non controlaba cousa ningunha do que Xosé facía. O Señor estaba con el, e todo o que el facía saía ben.
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 40 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50