bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 9
Genesis 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 10 →
1
Deus bendiciu a Noé e ós seus fillos: —"Crecede, reproducídevos e enchede a terra.
2
Que vos teñan respecto e medo os animais todos da terra e os paxaros do ceo. No voso poder están os réptiles todos da terra e os peixes do mar.
3
Todo o que vive e se move serviravos para mantenza. Dóuvolo todo, como vos dei os vexetais.
4
Mais non comeredes carne coa súa vida, quere dicir, co seu sangue.
5
Tamén da vosa vida —do voso sangue— pedirei eu as contas. Pedireillas a todo home da vida do seu irmán.
6
Quen mate un home, pola man de home morrerá, pois Deus fixo os homes conforme a súa imaxe.
7
Reproducídevos, crecede, espalládevos pola terra e sometédea".
8
Deus díxolle aínda a Noé e mais a seus fillos:
9
—"Vou establecer a miña alianza convosco e cos vosos descendentes,
10
con todos os animais que están convosco, os paxaros, os gandos e as feras todas do monte, cantos saíron da arca e agora viven na terra.
11
Fago convosco esta alianza: Endexamais será outra vez destruída vida ningunha polas augas do diluvio; non haberá outro diluvio que estrague a terra".
12
E Deus engadiu: —"Este será o sinal da alianza que eu fago convosco e con todos os seres vivos que vos fan compaña, para todos os tempos:
13
Poño o meu arco nas nubes, sinal da miña alianza entre min e a terra.
14
Cando amoree nubes sobre a terra e apareza o arco nelas,
15
lembrarei a miña alianza convosco e con todos os seres vivos, e non haberá máis augas de diluvio que destrúan a vida.
16
Aparecerá o arco nas nubes e, ó velo, lembrarei a alianza perpetua entre Deus e todos os seres vivos".
17
Deus aclaroulle a Noé: —"Este é o sinal da alianza que establezo entre min e canto ten vida na terra".
18
Os fillos de Noé que saíron da arca eran Sem, Cam e Iafet. Cam era pai de Canaán.
19
Eses tres eran os fillos de Noé, e con eles repoboouse a terra toda.
20
Noé fíxose labrador e plantou unha viña.
21
Bebeu viño, embebedouse e botouse espido na súa tenda.
22
En vendo Cam, pai de Canaán, a seu pai espido, saíu a contárllelo ós outros dous irmáns.
23
Sem e Iafet colleron un mantelo, puxérono ós ombreiros e, camiñando de costas, cubriron as partes de seu pai. Como miraban cara a atrás, non o viron espido.
24
Cando espertou Noé da bebedela e soubo o que lle fixera o fillo máis novo, dixo:
25
—"Maldito Canaán! Sexa para seus irmáns o derradeiro dos escravos".
26
E engadiu: —"Bendito o Señor, Deus de Sem, e que Canaán sexa o seu escravo.
27
Estenda Deus a Iafet para que more nas tendas de Sem, e que Canaán sexa o seu escravo".
28
Noé viviu, despois do diluvio, trescentos cincuenta anos.
29
Por xunto viviu Noé novecentos cincuenta anos, e logo morreu.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50