bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 4
Genesis 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 5 →
1
O home achegouse a Eva, súa muller, e esta quedou embarazada. Deu a luz a Caín, e exclamou: —"Pola graza do Señor adquirín un home".
2
Logo deulle un irmán a Caín, parindo a Abel. Abel era pastor e Caín labrador.
3
O tempo pasaba e Caín presentáballe ó Señor ofrendas dos froitos da terra. Tamén Abel sacrificaba as primicias dos seus rabaños e ofrecía as partes mellores.
4
O Señor miraba con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda,
5
pero non para Caín e para a súa. Caín anoxouse moito, e andaba coa cara carraxenta.
6
O Señor díxolle a Caín: —"Por que te alporizas e andas coa testa baixa?
7
Se fas o ben, poderás levala ergueita. Se non o fas, xa o pecado rolda á túa porta, estate axexando. Pero ti pódelo dominar".
8
Caín falou con seu irmán. E cando saíron fóra, botouse contra el e matouno.
9
O Señor preguntoulle a Caín: —"Onde está Abel, teu irmán?" Respondeu el: —"Non o sei. Ou son eu o garda de meu irmán?"
10
O Señor dixo: —"Que fixeches? O sangue de teu irmán chama por min desde a terra.
11
Agora maldícete esa terra, que abriu a súa boca para recibir da túa man o sangue de teu irmán.
12
Aínda que a traballes, non che volverá dar froitos con xenerosidade. Irás polo mundo errante e fuxitivo".
13
Caín díxolle ó Señor: —"O castigo é grande de máis para o poder aturar.
14
Agora bótasme desta terra, e quedarei fóra da túa vista. Errante e fuxitivo polo mundo, matarame o primeiro que me atope".
15
Respondeulle o Señor: —"Se alguén mata a Caín, pagarao sete veces". E púxolle un sinal, para que ninguén que o atopase o matase.
16
Caín saíu da presenza do Señor e estableceuse en Nod, ó oriente de Edén.
17
Caín achegouse á súa muller e esta quedou embarazada e deu a luz a Henoc. Caín construíu unha cidade e púxolle o nome de seu fillo.
18
Henoc foi pai de Irad, este de Mehuiael, este de Metuxael e este de Lámec.
19
Lámec casou con dúas mulleres, unha de nome Adah e outra Silah.
20
Adah pariu a Iabal, pai dos que habitan en tendas e teñen gandos.
21
Seu irmán chamábase Iubal, pai dos que tocan a cítola e a frauta.
22
Silah, pola súa parte, pariu a Túbal-Caín, inventor das ferramentas de bronce e de ferro. Tiña unha irmá que respondía por Naamah.
23
Lámec avisou ás súas mulleres Adah e Silah: —"Escoitádeme, mulleres de Lámec, atendede ás miñas palabras. Por unha ferida matarei un home, por un golpe un rapaz.
24
Se Caín é vingado sete veces, Lámec serao setenta e sete".
25
O home Adam achegouse outra vez á súa muller, que deu a luz un fillo. Púxolle o nome de Xet, agradecendo: —"Deus concedeume un fillo no posto de Abel, a quen matara Caín".
26
Tamén Xet tivo un fillo, a quen puxo o nome de Enox. Daquela empezaron os homes a invocar o nome do Señor.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50