bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 30
Genesis 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 31 →
1
Vendo Raquel que non lle podía dar fillos a Xacob e, celosa da súa irmá, díxolle ó seu home Xacob: —"Dáme fillos, ou morro".
2
Xacob enfadouse con Raquel e díxolle: —"Estou eu no lugar de Deus, que che nega o froito do ventre?"
3
Ela propúxolle: —"Aí tes a Bilhah, a miña serva. Achégate a ela, que dea a luz nos meus xeonllos, e así terei eu tamén fillos por medio dela".
4
E deulle a súa serva Bilhah por muller, e el achegouse a ela.
5
Bilhah quedou embarazada e deulle un fillo a Xacob.
6
Raquel agradeceu: —"Deus fíxome xustiza, escoitoume e deume un fillo". E púxolle o nome de Dan.
7
Bilhah, a serva de Raquel, quedou de novo embarazada e deulle un segundo fillo a Xacob.
8
Raquel dixo: —"Moito tiven que loitar coa miña irmá, pero puiden con ela". E chamou ó fillo Naftalí.
9
Vendo Lea que deixara de ter fillos, colleu e deulle á Xacob a súa serva Zilpah por muller.
10
Quedou embarazada e deulle un fillo a Xacob.
11
Lea dixo: —"Que boa sorte!" E chamou ó fillo Gad.
12
Zilpah, a serva de Lea, deulle outro fillo a Xacob.
13
E Lea dixo: —"Para a miña felicidade! Agora felicitaranme as mulleres". E chamou ó neno Axer.
14
Na época da sega do trigo saíu Rubén ó agro. Atopou unhas mandrágoras e levoullas a Lea, súa nai. Raquel díxolle a Lea: —"Dáme desas mandrágoras que trouxo o teu fillo".
15
Respondeulle Lea: —"Quizais che parece pouco quitarme o meu home, que queres tamén as mandrágoras de meu fillo?" Díxolle Raquel: —"Ben: que durma contigo esta noite, en troque das mandrágoras".
16
A tardiña, ó volver Xacob do campo, saíulle Lea ó encontro e díxolle: —"Achégate a min, pois adquirín o dereito a ti polas mandrágoras de meu fillo". E Xacob deitouse con ela aquela noite.
17
Deus escoitou a Lea, e esta quedou embarazada e deulle un quinto fillo a Xacob.
18
Daquela dixo Lea: —"Deus deume este pago, por terlle dado a miña serva ó meu home". E púxolle ó neno o nome de Isacar.
19
Lea quedou outra vez embarazada e deulle un sexto fillo a Xacob.
20
Esta vez dixo: —"Deus fíxome un bo regalo. Agora terame respecto o meu home, pois xa lle dei seis fillos". E chamou ó neno Zebulón.
21
Despois deu a luz unha filla e púxolle de nome Dinah.
22
Deus acordouse de Raquel, escoitouna e abriulle o seo.
23
Quedou embarazada, deu a luz un fillo e dixo: —"Deus quitou a miña aldraxe".
24
E púxolle o nome de Xosé, pregando: —"Engada o Señor outro fillo a este".
25
Cando Raquel deu a luz a Xosé, díxolle Xacob a Labán: —"Permíteme marchar para a miña patria, á miña terra.
26
Dáme as mulleres polas que te servín e os meus fillos; quero irme. Ti sabes o ben que te servín".
27
Respondeulle Labán: —"Gustaría de merecer o teu favor. Adiviño que o Señor me bendiciu por causa túa".
28
E engadiu: —"Marca ti mesmo a soldada, e pagareicha".
29
Dixo Xacob: —"Ti sabes como te servín e como lle foi comigo á túa facenda.
30
O pouco que tiñas primeiro de vir eu, converteuse en abundancia. O Señor bendiciute ó meu paso. Agora terei que facer algo pola miña familia". Preguntoulle Labán:
31
—"Que che teño que dar?" Xacob respondeu: —"Non me deas nada. Fai o que che vou dicir, e seguirei gardando o teu rabaño.
32
Imos repasar agora mesmo o teu rabaño. Arredaremos del as ovellas riscadas, as pintas e as mouras, e as cabras pintas e riscadas. Iso será a miña soldada.
33
O día de mañá, cando chegue a hora de me pagares, falará por min a miña honestidade. Se houbese cabras non riscadas e pintas ou ovellas non escuras entre o meu, iso sería roubado".
34
Labán respondeu: —"Está ben como ti dis".
35
Aquel mesmo día apartou Labán os castróns e as cabras riscadas, pintas ou brancas, e todas as ovellas mouras, e encomendóullelas ós seus fillos.
36
Mandounos afastar unha distancia de tres días de camiño de onde estaba Xacob gardando o resto do rabaño de Labán.
37
Xacob colleu entón varas verdes de bidueiro, de abeleira e de pradairo, e pelounas á tiras, de xeito que o branco das varas quedase ó descuberto.
38
Puxo as varas peladas nas canles por onde corría a auga dos bebedoiros, para que cando viñese o rabaño beber e se emparellase alí mesmo, as tivese diante.
39
O rabaño que se emparellaba coas varas á vista, paría crías riscadas e pintas.
40
Xacob apartaba os cordeiros, despois de que puxese as reses de cara para o que era pinto ou mouro no rabaño. Con iso fixo un fato á parte, que non deixaba xuntar co de Labán.
41
Cando se emparellaban as reses vigorosas, Xacob puña as varas nos bebedoiros á súa vista, e emparellábanse diante delas.
42
Cos animais febles non as puña. Dese xeito, as crías febles eran para Labán e as fortes para Xacob.
43
Xacob fíxose moi rico. Chegou a ter moita facenda, servos, servas, camelos e asnos.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50