bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 50
Genesis 50
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 49
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
1
Xosé botouse enriba da cama de seu pai e, chorando, bicouno.
2
Despois mandou ós médicos seus, servidores que embalsamasen a seu pai, e os médicos embalsamaron a Israel.
3
O cumprírense os corenta días que leva o embalsamamento, os exipcios fixeron loito por Xacob setenta días.
4
Pasados os días do pranto, Xosé falou así ós servidores do faraón: —"Se merezo o voso favor, facede chegar a oídos do faraón
5
que meu pai me fixo xurar que, cando morrese, o enterraría na sepultura que se fixo en Canaán: Agora déixame ir, enterrarei a meu pai e volverei".
6
O faraón respondeulle: —"Vai enterrar a teu pai, conforme lle xuraches".
7
Xosé subiu de alí para enterrar a seu pai. Acompañábano os ministros do faraón, os anciáns da súa corte, os nobres do país,
8
A familia toda de Xosé, seus irmáns, a servidume de seu pai. Soamente deixaron en Goxén os nenos, os rabaños e os gandos.
9
Ian tamén con eles carros e cabaleiros, de xeito que o acompañamento era moi grande.
10
Chegados á eira de Atad, do outro lado do Xordán, fixeron un pranto grande e solemne. Xosé fixo por seu pai un funeral de sete días.
11
O veren os cananeos o funeral na eira de Atad, dicían: —"Grande loito é este para os exipcios". Por iso chamóuselle a aquel sitio Pranto de Exipto. Está do outro lado do Xordán.
12
Os fillos de Xacob fixeron conforme el lles mandara.
13
Levárono a Canaán e enterrárono na cova de Macpelah, no eido que Abraham comprara a Efrón o hitita, de fronte a Mambré, para propiedade sepulcral.
14
Despois que enterraron a seu pai, Xosé volveu para Exipto, xunto con seus irmáns e todo o acompañamento fúnebre.
15
Despois da morte de seu pai, os irmáns de Xosé pensaron: —"A ver se Xosé nos garda rancor, e nos paga agora o moito mal que lle fixemos".
16
E mandaron dicirlle: —"O teu pai ordenounos, antes de morrer:
17
Dicídelle isto a Xosé: Perdóalles a teus irmáns o seu crime e o seu pecado, cando te trataron mal. Perdoa agora a culpa dos servos do Deus de teu pai". Cando oíu o que falaban, Xosé botou a chorar.
18
Os irmáns fóronse prostrar diante del para lle dicir: —"Somos escravos teus".
19
Xosé díxolles: —"Non teñades medo. Estou eu no lugar de Deus?
20
Vós pensastes facerme mal, pero Deus trocouno en ben, para conseguir o que hoxe vemos: facer vivir un grande pobo.
21
Agora non teñades medo. Eu mantereivos a vós e a vosos fillos". Xosé consolou a seus irmáns e faloulles ó corazón.
22
Xosé viviu en Exipto con toda a familia de seu pai. Cumpriu cento dez anos.
23
Chegou a ver os fillos de Efraím ata a terceira xeración. Tamén a Maquir, fillo de Menaxés, lle naceron fillos nos xeonllos de Xosé.
24
Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".
25
Xosé fixo xurar ós fillos de Israel: —"Cando veña Deus vervos, levaredes convosco os meus ósos".
26
Xosé morreu ós cento dez anos. Embalsamárono en Exipto e metérono nun sarcófago.
← Chapter 49
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50