bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 24
Genesis 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 25 →
1
Abraham era xa vello, entrado en anos. O Señor tíñao bendito sempre en todo.
2
Díxolle ó criado maior, o que administraba os bens da casa: —"Pon a man baixo a miña coxa
3
e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito,
4
senón que irás á miña terra, onda os meus parentes, e procurarás alí muller para meu fillo Isaac".
5
O criado preguntoulle: —"E se a muller non quixese vir comigo a este país, levarei a teu fillo á terra de onde ti saíches?"
6
Abraham respondeulle: —"Gárdate de levar alá a meu fillo.
7
O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.
8
Se a muller non quixese vir contigo, quedas libre do xuramento. Pero de ningún xeito levarás alá a meu fillo".
9
Coa man baixo da coxa do seu amo, o criado xurou conforme o que falaran.
10
O criado colleu logo dez camelos do seu amo e moitas outras cousas de valor, e púxose en camiño de Aram-Naharaim, cara á cidade de Nahor.
11
Os aforas da cidade, á beira dunha fonte, fixo axeonllar os seus camelos. Era á tardiña, cando saen as rapazas para colleren auga.
12
El pregou entón deste xeito: —"Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor.
13
Eu voume pór ó pé da fonte, cando as rapazas da cidade veñan sacar auga.
14
A rapaza á que eu lle diga: Baixa o cántaro, por favor, e dáme de beber, e que ela me responda: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos, sexa a que ti determinas para o teu servo Isaac. Niso saberei eu que tratas ó meu amo con amor".
15
Non acabara aínda de falar, cando saíu Rebeca, filla de Betuel, fillo de Milcah, a muller de Nahor, irmán de Abraham, co seu cántaro ó ombreiro.
16
A rapaza era moi bela e aínda unha doncela, non tocada por home. Baixou á fonte, encheu o cántaro e subiu.
17
O criado de Abraham correu onda ela e díxolle: —"Déixame beber unha pouca auga do teu cántaro".
18
Ela dixo: —"Bebe, señor". E baixou de seguida o cántaro ó brazo para lle dar de beber.
19
Cando el acabou de beber, díxolle ela: —"Collerei tamén auga para os teus camelos. Que beban canto queiran".
20
Baleirou o cántaro na pía e foi de contado ó pozo sacar máis, ata abeberar os camelos todos.
21
O home mirábaa calado, querendo saber se o Señor facía ou non de proveito a súa viaxe.
22
Cando os camelos acabaron de beber, colleu o home un anel de ouro, de medio siclo de peso, e púxollo á rapaza no nariz, e para os brazos dous torques de ouro de dez siclos.
23
E coa mesma preguntoulle: —"Ti de quen es filla? Hai na casa de teu pai lugar para pousada?"
24
Ela respondeulle: —"Eu son filla de Betuel, o fillo de Milcah e de Nahor".
25
E engadiu: —"Na casa temos de abondo palla e feo, e tamén lugar para pousada".
26
O home prostrouse por terra e adorou ó Señor:
27
—"Bendito sexa o Señor, Deus do meu amo Abraham, que non lle negou ó meu amo o seu amor e a súa fidelidade. El foi quen me guiou no meu camiño, ata a casa dos seus parentes".
28
A rapaza correu á casa a contarlle a súa nai o acontecido.
29
Rebeca tiña un irmán que se chamaba Labán.
30
Cando este viu o anel e os torques da irmá e oíu o que contaba Rebeca que aquel home lle dixera, marchou buscalo e atopouno onda a fonte, cos camelos.
31
Labán díxolle: —"Ven, bendito do Señor. Por que ficas aquí fóra? Téñoche preparado apousento e tamén lugar para os camelos".
32
E Labán levouno para a casa, desaparellou os camelos, deulles palla e feo e puxo auga para que o home e os seus acompañantes puidesen lavar os pés.
33
Cando lle servían de comer, o home dixo: —"Non probarei bocado, mentres non explique a razón que me trouxo". Dixéronlle eles: —"Fala".
34
Entón el dixo: —"Son criado de Abraham.
35
O Señor ten bendicido tanto ó meu amo, que hoxe está rico. Deulle ovellas e vacas, prata e ouro, servos e servas, camelos e asnas.
36
Sara, a muller do meu señor, na súa vellez deulle un fillo; este fillo herda todo.
37
O meu amo fíxome xurar: Non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito,
38
senón que irás á casa de meus pais, á miña parentela, e tomarás de alí muller para meu fillo.
39
Eu advertinlle: E se a muller non quere vir comigo?
40
E el respondeume: O Señor, con quen andei sempre, mandará contigo o seu anxo. El dará boa fin á túa viaxe, e atoparás muller para o meu fillo na miña parentela, na familia de meus pais;
41
entón quedarás libre do xuramento que me fixeches. Mais se chegas á miña parentela e non che queren dar a rapaza, tamén quedas libre deste xuramento.
42
O chegar hoxe onda a fonte, recei esta oración: Señor, Deus do meu amo Abraham, se tes de dar boa fin a esta viaxe que teño emprendida,
43
verás, eu voume poñer ó pé da fonte. A rapaza que veña sacar auga e eu lle diga: Dáme unha pouca auga do teu cántaro.
44
Se ela me responde: Bebe ti, e sacarei tamén para os teus camelos, sexa esa a muller que elixe o Señor para o fillo do meu amo.
45
Estaba eu pensando isto, cando saíu Rebeca co cántaro ó ombreiro e baixou á fonte sacar auga. Eu díxenlle: Dáme de beber.
46
E ela baixou o cántaro e díxome: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos.
47
Eu pregunteille entón: De quen es filla? E ela díxome: De Betuel, fillo de Nahor e Milcah. Niso púxenlle o anel no nariz e os torques nos brazos.
48
Despois axeonlleime, adorei ó Señor e bendicín o Deus do meu amo Abraham, que me guiou polo bo camiño, ata atopar para muller de seu fillo a filla de seu irmán.
49
Agora, se pensades comportarvos co meu amo con amor e lealdade, dicídemo; e se non, dicídemo tamén, para que eu saiba o que hei facer".
50
Labán e Betuel responderon: —"A cousa vén de Deus. Nós nada podemos xa dicirche, nin se está ben nin se está mal.
51
Aí tes a Rebeca diante túa. Tómaa e vaite, e sexa a muller do fillo do teu amo, conforme dispuxo o Señor".
52
En oíndo isto, o servo de Abraham prostrouse polo chan para adorar o Señor.
53
Logo sacou obxectos de prata e ouro e vestidos, e deullos a Rebeca. Fíxolles tamén regalos a seu irmán e a súa nai.
54
O home e os seus compañeiros comeron e beberon e pasaron alí a noite. O erguerse pola mañá, dixo o criado de Abraham: —"Deixádeme que volva onda o meu amo".
55
O irmán e a nai de Rebeca propuxeron: —"Que a rapaza quede connosco uns dez días e despois irá contigo".
56
Pero el dixo: —"Non me deteñades máis, cando o Señor deu tan boa fin á miña viaxe. Deixádeme que volva onda o meu amo".
57
Respondéronlle eles: —"Imos chamar a rapaza e pedirlle o seu parecer".
58
Chamaron, pois, a Rebeca e preguntáronlle: —"Queres ir con este home?" E ela dixo: —"Quero".
59
Entón despediron a Rebeca coa súa ama de leite e ó criado de Abraham cos seus compañeiros.
60
A Rebeca botáronlle esta bendición: "Ti, nosa irmá, que crezas por milleiros, que os teus descendentes se apoderen das cidades dos teus inimigos".
61
Rebeca e as súas servas montaron nos camelos e seguiron ó home. Este fíxose cargo de Rebeca e púxose ó camiño.
62
Isaac acababa de vir de onda o pozo de Lahai-Roí e de se asentar no Négueb.
63
A caída da tarde saíu á campía caviloso. Erguendo os ollos, viu vir unha caravana de camelos.
64
Tamén Rebeca ergueu a vista e reparou en Isaac. Baixou do camelo
65
e preguntoulle ó criado: —"Quen é aquel que vén pola campía cara a nós?" O criado respondeulle: —"É o meu amo". Ela entón colleu o veo e cubriuse.
66
O criado deu conta a Isaac de todo o que lle acontecera.
67
Isaac introduciu a Rebeca na tenda de Sara, súa nai, tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50