bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 21
Genesis 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 22 →
1
O Señor fixouse en Sara, como o tiña dito, e cumpriu con ela a súa promesa.
2
Ela concibiu e deulle un fillo a Abraham na súa vellez, no tempo que Deus fixara.
3
Abraham púxolle a ese fillo que lle naceu de Sara o nome de Isaac.
4
Cando cumpriu oito días, Abraham circuncidou a Isaac, conforme Deus lle mandara.
5
Abraham tiña cen anos cando lle naceu Isaac.
6
Sara dixo daquela: —"Deus fíxome rir de contenta, e todos os que o oian, rirán coma min".
7
E engadiu: —"Quen lle ía dicir a Abraham que Sara criaría un fillo! E agora deullo na vellez".
8
Medrou o neno, e destetárono. O día que destetaron a Isaac, Abraham deu un xantar.
9
Viu Sara o fillo que a exipcia Hagar lle dera a Abraham xogando con Isaac,
10
e díxolle a Abraham: —"Bota fóra esa escrava con seu fillo, pois o fillo desa escrava non herdará con meu fillo Isaac".
11
A cousa doeulle a Abraham, pois tratábase de seu fillo.
12
Pero Deus díxolle: —"Non teñas dó do neno nin da escrava. Fai o que Sara che di, pois por Isaac pasará o teu nome á tua descendencia.
13
Tamén do fillo da escrava farei unha gran nación, por ser semente túa".
14
Abraham ergueuse cedo, colleu pan e un fol de auga, púxollos ás costas a Hagar, xunto co fillo, e despediuna. Ela marchou e andou errante polo deserto de Beerxeba.
15
Cando se lle acabou a auga do fol, botou o neno ó pé dun mato,
16
e foise sentar soa máis alá, como á distancia dun tiro de arco, pensando para si: —"Non quero ver morrer o neno". E alí laiouse e chorou.
17
Oíu Deus os berros do neno, e o anxo chamou desde o ceo a Hagar para dicirlle: —"Que che pasa, Hagar? Non teñas medo, pois Deus escoitou os berros do neno alí onde está.
18
Érguete, colle o neno, agárrao forte da man. Del farei unha gran nación".
19
Deus abriulle os ollos, e ela viu un pozo de auga. Foi alá, encheu o fol e deulle ó neno de beber.
20
Deus estaba co rapaz, e este medraba. Asentou no deserto e chegou a ser un bo arqueiro.
21
Vivía no deserto de Parán, e súa nai buscou unha muller exipcia para el.
22
Daquela Abimélec e Picol, xefe da súa xente, dixéronlle a Abraham: —"Deus está contigo en todo o que fas.
23
Xúrame, pois, por Deus aquí mesmo que non nos enganarás, nin a min, nin ós meus fillos, nin ós meus descendentes, senón que coa consideración con que eu te tratei a ti, hasme tratar ti a min e a esta terra á que viñeches".
24
Abraham respondeu: —"Así o xuro".
25
Pero, coa mesma, reprendeu a Abimélec por causa do pozo que os servos deste lle usurparon.
26
Abimélec retrucou: —"Non sei quen o puido facer. Nin ti me dixeches nada, nin eu oín falar diso ata hoxe".
27
Abraham colleu ovellas e vacas, e deullas a Abimélec. E concordaron un pacto entre os dous.
28
Abraham separou sete cordeiras do fato,
29
e Abimélec preguntoulle: —"Que queren dicir esas sete cordeiras que apartas?"
30
El respondeulle: —"Ti recibes da miña man sete cordeiras: que me sirvan de proba de que eu cavei este pozo".
31
Por iso púxolle a aquel lugar o nome de Beerxeba, porque alí xuraron os dous.
32
Cando concluíron o pacto en Beerxeba, Abimélec e Picol, xefe da súa xente, volveron para o país dos Filisteos.
33
Abraham plantou un tamarindo en Beerxeba e invocou o nome do Señor, o Deus eterno.
34
Abraham residiu no país dos Filisteos moitos anos.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50