bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 22
Genesis 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 23 →
1
Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: —"Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".
2
Deus mandoulle: —"Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che mostrarei".
3
Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dous criados e mais o seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ó camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara.
4
O terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o sitio desde lonxe.
5
Abraham díxolles ós criados: —"Esperade aquí co burro. Eu e mais o rapaz chegarémonos ata alá. Adoraremos e de seguida volveremos onda vós".
6
Abraham colleu a leña do sacrificio e púxolla a Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na man o lume e o coitelo, e camiñaban os dous xuntos.
7
Isaac díxolle a seu pai: —"Meu pai!" El respondeu: —"Que queres, fillo?" O rapaz dixo: —"Levamos lume e leña. Pero onde está o año para o sacrificio?"
8
Abraham respondeulle: —"Meu fillo, o año Deus o proverá". E camiñaban os dous xuntos.
9
Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña.
10
Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrificar o seu fillo.
11
Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: —"Abraham! Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".
12
O anxo dixo: —"Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negaches o teu fillo, o único que tes".
13
Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en sacrificio, no posto do seu fillo.
14
Abraham púxolle ó lugar o nome de Moriah. Por iso aínda hoxe se di: —"Na montaña o Señor proverá".
15
O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo:
16
—"Xúroche por min mesmo —palabra do Señor— que por faceres isto e non me negares o teu fillo, o único que tes,
17
bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos.
18
Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido".
19
Abraham volveu onda os criados, e todos xuntos colleron o camiño de Beerxeba. Abraham asentou alí.
20
Pasado algún tempo, dixéronlle a Abraham: —"Tamén Milcah lle deu fillos a Nahor, teu irmán.
21
Deulle a Us, o primoxénito, despois a Buz, seu irmán, e a Quemuel, pai de Aram;
22
os outros logo foron Quésed, Hazó, Pildax, Idlaf e Betuel".
23
Betuel foi pai de Rebeca. Estes son os oito fillos que Milcah lle deu a Nahor, irmán de Abraham.
24
Unha concubina chamada Reumah deulle, ademais, a Tebah, a Gaham, a Tahax e a Maacah.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50