bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 13
Genesis 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 14 →
1
Abram subiu de Exipto cara ó Négueb, coa muller e coas súas posesións, e levando consigo a Lot.
2
Abram era moi rico en gandos, en prata e en ouro.
3
Desde o Négueb seguiu por treitos camiño de Betel, onde fixera en tempos a súa tenda, entre Betel e Ai.
4
Era o mesmo lugar onde construíra anteriormente un altar e invocara o nome do Señor.
5
Lot ía con Abram e era tamén rico en rabaños, en gandos e en tendas.
6
A terra onde estaban non chegaba para habitaren xuntos. A moita facenda xa non llelo consentía,
7
de xeito que xurdían agarradas entre os pastores de Abram e os de Lot. Daquela habitaban no país os cananeos e os perizitas.
8
Abram díxolle entón a Lot: —"Que non haxa liortas entre nós e entre os nosos pastores, pois nós somos irmáns.
9
Tes diante de ti o país enteiro; sepárate de min. Se ti colles á esquerda, eu collerei á dereita; se ti á dereita, eu á esquerda".
10
Lot levantou os ollos e reparou na veiga do Xordán, toda ela regada. (Isto era antes de que Deus destruíra Sodoma e Gomorra). Ata chegar a Soar era o mesmo ca un xardín do Señor, coma a terra de Exipto.
11
Lot escolleu para si a veiga do Xordán e dirixiuse cara ó oriente, separándose de Abram.
12
Abram asentou en Canaán e Lot nas cidades da veiga do Xordán, chegando coa tenda a Sodoma.
13
As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do Señor.
14
Despois de que Lot se separou del, o Señor díxolle a Abram: —"Desde o lugar onde estás ergue os ollos e mira cara ó norte e cara ó sur, cara ó nacente e cara ó poñente.
15
A terra toda que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre.
16
Multiplicarei os teus descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles.
17
Anda, percorre a terra ó longo e ó ancho, pois voucha dar para ti".
18
Abram levantou a tenda e foise establecer na carballeira de Mambré, onda Hebrón. Alí construíu un altar ó Señor.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50