bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 31
Genesis 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 32 →
1
Xacob oíu que os fillos de Labán ían dicindo: —"Xacob apoderouse da facenda de noso pai e fixo co que era noso unha fortuna".
2
Xacob tivo medo de Labán, pois vía que xa non o trataba coma antes.
3
O Señor díxolle a Xacob: —"Volve á terra de teus pais, á túa patria. Eu estarei contigo".
4
Xacob mandou chamar a Raquel e a Lea ó monte onde estaba co gando.
5
E díxolles: —"Observo que o voso pai non me trata coma antes. Pero o Deus de meu pai estivo da miña parte.
6
Vós sabedes que eu teño servido ó voso pai con todas as miñas forzas.
7
Voso pai tratou de me enganar, mudándome dez veces a soldada. Pero Deus non lle permitiu facerme dano.
8
Se dicía: As crías riscadas serán a túa soldada, todo o rabaño traía crías riscadas. Se dicía: as crías pintas serán a túa soldada, todo o fato paría crías pintas.
9
Deus quitoulle o gando a voso pai e deumo a min.
10
Unha vez, no tempo en que se emparellan os fatos, tiven en soños esta visión: Os carneiros que montaban nas ovellas eran riscados e pintos.
11
No soño o anxo de Deus chamou por min: Xacob! E eu respondín: Aquí estou.
12
E el seguiu: Ergue os ollos e fíxate: Todos os carneiros que montan nas ovellas son riscados e pintos, porque eu teño visto o que Labán che leva feito.
13
Eu son o Deus de Betel, onde ti unxiches unha pedra e fixeches un voto. Agora disponte para saíres deste país e volver á terra onde naciches".
14
Raquel e Lea respondéronlle: —"Temos nós aínda algo que herdar na casa de noso pai?
15
Non nos tratou coma alleas, vendéndonos e comendo despois o noso prezo?
16
A riqueza que Deus lle tolleu a noso pai era nosa e de nosos fillos. E, con iso, agora fai o que Deus che mandou".
17
Xacob púxose en movemento. Fixo montar en camelos ós fillos e ás mulleres,
18
recolleu toda a facenda e os bens que adquirira en Padán-Aram, e botouse ó camiño, para volver á casa de seu pai Isaac no país de Canaán.
19
Labán fora á rapa do gando, e Raquel rouboulle a seu pai os ídolos domésticos.
20
Xacob enganou a Labán o arameo, ó non deixarlle sospeitar que fuxiría.
21
Fuxiu, pois, Xacob con todo o que tiña, atravesou o río e camiñou na dirección da montaña de Galaad.
22
Pasados tres días, dixéronlle a Labán que Xacob escapara.
23
Levando consigo algúns parentes, Labán púxose a perseguilo. Os sete días de camiño colleuno na montaña de Galaad.
24
Aquela noite Deus aparecéraselle en soños a Labán para dicirlle: —"Ten coidado co que lle fas a Xacob".
25
Cando Labán o alcanzou, Xacob plantara as súas tendas na montaña, e el plantou tamén as súas na montaña de Galaad.
26
Labán díxolle a Xacob: —"Por que me enganaches? Por que me levaches as fillas, o mesmo que se fosen prisioneiras de guerra?
27
Por que fuxiches ás agachadas, finxindo, sen dicíresmo? Despediríate con festa e con cantos, con pandeiros e cítaras.
28
Non me deixaches sequera dar un bico ós meus fillos e ás miñas fillas: portácheste coma un parvo.
29
Teño poder de sobra para che facer mal. Pero o Deus de teu pai díxome onte á noite: Ten coidado co que lle fas a Xacob.
30
Pero se te vas porque tes morriña pola casa de teus pais, por que me roubaches os meus deuses?"
31
Respondeulle Xacob: —"Tiña medo, pensando que me quitases as túas fillas.
32
Mais aquel onda quen atopes os teus deuses será reo de morte. Busca ti mesmo, á vista da túa xente, e se atopas onda min algunha cousa túa, cóllea". Xacob non sabía que Raquel roubara os deuses.
33
Labán entrou na tenda de Xacob, na de Lea e na das dúas servas; pero non atopou nada. Da tenda de Lea pasou á de Raquel.
34
Raquel collera os amuletos, puxéraos na albarda do camelo e sentárase enriba. Así, Labán remexeu a tenda toda, mais non atopou cousa.
35
Raquel díxolle a seu pai: —"Non che pareza mal, señor, que non poida erguerme diante túa, pois veume a regra que temos as mulleres". Labán rebuscou, pero non atopou os ídolos.
36
Anoxado xa con Labán, Xacob recriminouno deste xeito: —"Cal é a miña culpa e cal o meu delito, para que con tanto asaño me persigas?
37
Despois que rexistraches toda a miña equipaxe, atopaches algo teu? Pono aquí, á vista da miña familia e da túa, e que eles xulguen entre nós.
38
Levo vinte anos contigo. As túas ovellas e as túas cabras non perderon as crías, nin eu che comín os cordeiros do rabaño.
39
Non che fun cunha res esnaquizada polas feras; iso foi sempre á miña conta. O roubado de día ou de noite esixíchesmo.
40
Polo día comeume o sol, pola noite a xeada, e o sono fuxiu dos meus ollos.
41
Dos vinte anos que levo na túa casa, catorce servinte polas túas dúas fillas e seis polos teus fatos, e ti cambiáchesme dez veces a soldada.
42
Se non estivese comigo o Deus de meu pai, o Deus de Abraham e Padriño de Isaac, despediríasme en baldeiro. Pero onte á noite Deus fixouse na miña aflición e no esforzo das miñas mans, e fíxome xustiza".
43
Labán respondeulle a Xacob: —"As rapazas son miñas fillas, os seus fillos son meus, e meu é tamén o gando e todo o que ves. Que poderei facer eu agora por estas miñas fillas e polos fillos que elas deron a luz?
44
Pero agora fagamos un pacto ti e mais eu, e que sirva de testemuño entre os dous". Xacob colleu unha pedra e erixiuna como estela.
45
E díxolle á súa xente: —"Collede aquí pedras".
46
Eles xuntáronas, amoreáronas nunha mámoa e comeron onda ela.
47
Labán púxolle o nome de Iegar-Sahadutá e Xacob chamoulle Galaad.
48
Labán dixo: —"Esta mámoa é hoxe testemuña entre min e ti". Por iso nomeouna Galaad:
49
Tamén a chamou Torre de Garda, pois dixo: —"Que o Señor nos vixíe ós dous, cando nos vexamos afastados un do outro.
50
Se maltratas as miñas fillas e se tomas outras mulleres fóra delas, aínda que ninguén o vexa, Deus será testemuña entre nós".
51
E dixo tamén Labán: —"Velaí esta mámoa e esta estela que erixín entre min e ti.
52
Sexa testemuña esta mámoa e testemuña esta estela de que nin eu as traspasarei cara ó teu lado, nin ti cara ó meu, para nos facermos mal.
53
O Deus de Abraham e o Deus de Nahor, Deus de nosos pais, xulgue entre nós". E Xacob xurou polo Padriño de Isaac seu pai.
54
Xacob ofreceu un sacrificio e pasaron a noite na montaña.
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50