bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 38
Genesis 38
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 39 →
1
Por aquel mesmo tempo afastouse Xudá de seus irmáns e foi á casa dun home de Adulam chamado Hirah.
2
Alí coñeceu unha muller cananea que se chamaba Xúa; tomouna e achegouse a ela.
3
Xúa quedou embarazada e deulle a Xudá un fillo, a quen puxo o nome de Er.
4
Quedou de novo embarazada e deulle outro fillo, ó que chamou Onán.
5
Volveu aínda ter un fillo e chamoulle Xelah. A nai atopábase en Quezib cando deu a luz.
6
Xudá tomou, co tempo, unha muller para Er, seu primoxénito; chamábase Tamar.
7
Er, o primoxénito de Xudá, era un mal home á vista do Señor, e o Señor fíxoo morrer.
8
Entón Xudá díxolle a Onán: —"Achégate á muller de teu irmán; cumpre co teu deber de cuñado e dálle descendencia a teu irmán".
9
Pero Onán, sabendo que non sería súa a descendencia, vertía o seme polo chan cando se achegaba á muller de seu irmán, para non lle dar descendencia.
10
Pareceulle mal ó Señor o que Onán facía e fíxoo morrer a el tamén.
11
Xudá díxolle entón á súa nora Tamar: —"Consérvate viúva na casa de teu pai, deica creza o meu fillo Xelah". Pensaba nos seus adentros: —"Non sexa que morra tamén el, coma seus irmáns". E Tamar foi vivir á casa de seu pai.
12
Moito tempo despois morreu Xúa, muller de Xudá. En acabando o loito por ela, Xudá subiu a Timnah, en compaña de Hirah de Adulam, para a rapa das ovellas.
13
Dixéronlle a Tamar: —"Mira que o teu sogro sobe a Timnah, á rapa das ovellas".
14
Ela quitou a roupa de viúva, cubriu a cara cun veo e, disfrazada, púxose na encrucillada que hai no camiño de Timnah, en Enaim. Pois vía que Xelah medraba, e Xudá non a casaba con el.
15
O ver Xudá a Tamar, tomouna por unha prostituta, pois tiña a cara cuberta.
16
Dirixiuse a ela no camiño e propúxolle, sen darse conta de que era a súa nora: —"Ven, deixa que me achegue a ti". Díxolle ela: —"Que me vas dar por achegarte a min?"
17
El respondeulle: —"Mandareiche un cabuxo do fato". Ela dixo: —"Ben, se me dás un peñor ata que o mandes".
18
Preguntoulle el: —"Que peñor queres que che dea?" Respondeulle ela: —"O teu anel coa cadea e o caxato que levas na man". El deullos, achegouse a ela, e ela quedou embarazada.
19
Tamar marchou, quitou o veo da cara e volveu poñer a roupa de viúva.
20
Xudá mandoulle o cabuxo polo seu amigo de Adulam, coa intención de recoller o peñor que tiña a muller; pero aquel non a atopou.
21
Preguntou á xente do lugar: —"Onde está a prostituta que se pon en Enaim, á beira do camiño?" Dixéronlle: —"Aí non se pon prostituta ningunha".
22
O home volveu onda Xudá e díxolle: —"Non a encontrei. Por parte, a xente do lugar di que alí non hai ningunha prostituta".
23
Repuxo Xudá: —"Pois que se quede co peñor; que non se rían de nós. Eu mandeille o cabuxo e ti non a encontraches".
24
O cabo de tres meses dixéronlle a Xudá: —"A túa nora Tamar prostituíuse e quedou embarazada". Dixo Xudá: —"Sacádea fóra e queimádea".
25
Cando a sacaban fóra, mandou ela dicir ó seu sogro: —"O dono destas cousas é quen me deixou embarazada". E engadiu: —"Comproba de quen é este anel coa súa cadea e esta vara".
26
Xudá recoñeceunos e dixo: —"Ten máis razón ca min, pois non lle dei o meu fillo Xelah". Pero non se achegou a ela nunca máis.
27
Chegada a hora do parto, viuse que tiña xemelgos.
28
O dalos á luz, un deles sacou a man para fóra, e a parteira atoulle nela un fío vermello, dicindo: —"Este é o primoxénito".
29
Pero a man volveuse atrás, e saíu primeiro seu irmán. Entón dixo a parteira: —"Que saída te forzaches!" E púxolle o nome de Peres.
30
Despois saíu seu irmán co fío atado na man, e chamárono Zérah.
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 39 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50