bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 40
Genesis 40
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 41 →
1
Nunha ocasión o copeiro e mais o panadeiro do rei de Exipto ofenderon ó seu señor.
2
O faraón anoxouse contra eles, contra o copeiro maior e o panadeiro maior,
3
e meteunos en prisión, na casa do xefe da garda, onde estaba Xosé detido.
4
O xefe da garda confioullos a Xosé, quen os servía.
5
O copeiro e o panadeiro do rei de Exipto que estaban presos no cárcere, levaban xa tempo detidos, cando unha noite cada un deles tivo seu soño, cada soño co seu sentido.
6
Pola mañá entrou Xosé onda eles e atopounos deprimidos.
7
E preguntoulles ós dous ministros, compañeiros do cárcere: —"Por que tedes hoxe mala cara?"
8
Respondéronlle eles: —"Tivemos un soño, e non hai quen nolo interprete". Díxolles Xosé: —"Non lle corresponde a Deus a interpretación? Contádeme o soño".
9
O copeiro maior contoulle o seu soño a Xosé: —"Soñei que tiña diante unha vide.
10
A vide tiña tres bacelos. Agromou, floreceu e as uvas madureceron nos acios.
11
Eu sostiña nunha man a copa do faraón, collía as uvas e espremíaas na copa, e puña a copa na man do faraón".
12
Xosé díxolle: —"Este é o seu significado. Os tres bacelos da vide son tres días.
13
No termo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, repoñéndote no teu posto, e ti porás a copa na súa man, coma cando eras o seu copeiro.
14
Cando che vaia ben, acórdate de min. Faime o favor de falarlle de min ó faraón, para que me leve desta casa.
15
Trouxéronme secuestrado do país dos hebreos, e aquí non fixen ningún mal, para que me botasen neste alxube".
16
Cando o panadeiro maior oíu que o significado do soño do copeiro era bo, díxolle a Xosé: —"Tamén eu soñei que levaba na cabeza tres cestas de pan.
17
Na cesta de riba levaba toda sorte de repostería para o faraón, pero os paxaros peteiraban na cesta que eu levaba na cabeza".
18
Xosé díxolle: —"Este é o seu significado. As tres cestas son tres días.
19
Cabo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, pendurarate dunha árbore e os paxaros comerante".
20
O cabo de tres días, día de anos do faraón, deu este un banquete a todos os seus ministros, e de entre todos tivo por ben erguer a cabeza do copeiro maior e do panadeiro maior.
21
O copeiro maior repúxoo no seu posto de copeiro, para que puxese a copa na man do faraón.
22
Pero ó panadeiro maior pendurouno dunha forca, como Xosé interpretara.
23
O copeiro maior non se lembrou máis de Xosé, esqueceuse del.
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 41 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50