bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 28
Genesis 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 29 →
1
Isaac chamou a Xacob e bendiciuno. Coa mesma, deulle esta orde: —"Non tomes unha cananea por muller.
2
Vaite a Padán-Aram, coa familia de Betuel, o teu avó paterno, e toma muller de entre as fillas de teu tío Labán.
3
O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.
4
Deus darache a bendición de Abraham, a ti e ós teus descendentes, herdarás a terra onde vives, a que Deus lle prometeu a Abraham".
5
Isaac despediu a Xacob, e este foise a Padán-Aram, á casa de Labán, fillo de Betuel o arameo e irmán de Rebeca, a nai de Xacob e de Esaú.
6
Soubo Esaú que Isaac bendicira a Xacob e que o mandara a Padán-Aram para que buscase alí muller e que ó bendicilo lle dixera que non casase cunha cananea;
7
e que Xacob obedecera a seu pai e súa nai, e fora a Padán-Aram.
8
Entón decatouse Esaú de que as cananeas lle desagradaban a seu pai Isaac.
9
E, coa mesma dirixiuse a Ismael e tomou por muller a Mahalat, filla de Ismael, fillo de Abraham, e irmá de Nebaiot.
10
Xacob saíu de Beerxeba, camiño de Harán.
11
Chegado a certo lugar, parou para pasar alí a noite, pois xa se puxera o sol. Colleu alí mesmo unha pedra, púxoa de cabezal e deitouse a durmir.
12
No soño que tivo viu unha esqueira afincada na terra e co cimo tocando o ceo; por ela subían e baixaban os anxos de Deus.
13
Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.
14
Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.
15
Eu estarei contigo, gardareite onde queira que te atopes e traereite outra vez a este país. Non te abandonarei, namentres non cumpra o que che teño prometido".
16
O espertar do soño dixo Xacob: —"Abofé que está o Señor neste lugar, e eu non o sabía".
17
E, tremendo, engadiu: —"Que estarrecedor este lugar! Non é senón unha casa de Deus e unha porta do ceo".
18
Xacob ergueuse cedo, colleu a pedra que puxera de cabezal, erixiuna como estela e verteu aceite enriba dela.
19
O lugar púxolle o nome de Betel, aínda que o seu antigo nome era Luz.
20
Xacob fixo este voto: —"Se Deus está comigo, se me garda nesta viaxe que emprendín, se me dá pan para comer e roupa para vestir
21
e me volve san e salvo á casa de meu pai, o Señor será o meu Deus,
22
e esta pedra que chantei de pé será unha casa de Deus. De todos os bens que me deas, pagareiche o décimo".
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50