bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 26
Genesis 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 27 →
1
Houbo fame no país, como outrora en tempos de Abraham, e Isaac foi a Guerar, preto de Abimélec, rei dos filisteos.
2
O Señor aparecéuselle e díxolle: —"Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei.
3
Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.
4
Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;
5
todo porque Abraham me obedeceu, gardou a miña lei, os meus preceptos e as miñas instrucións".
6
Isaac asentou en Guerar.
7
A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.
8
Cando levaban xa ben tempo no lugar, Abimélec, rei dos filisteos, ollou pola fiestra e viu a Isaac acariñando a Rebeca súa muller.
9
Entón fíxoo chamar para dicirlle: —"Conque é túa muller. Por que me dixeches que era túa irmá?" Isaac respondeulle: —"Porque pensei: Vanme matar por culpa dela".
10
Abimélec replicou: —"Por que nos fixeches isto? Se chega a deitarse alguén coa túa muller, faríasnos reos dun delito".
11
Abimélec advertiu a toda a súa xente: —"Se alguén lle toca a este home ou á súa muller, será reo de morte".
12
Isaac sementou o agro e recolleu naquela anada o cento por un. O Señor bendiciuno,
13
e o home foi medrando, ata se facer moi podente.
14
Tiña fatos de ovellas e de vacas e moitísimos criados. Os filisteos tíñanlle envexa,
15
e encheron de terra e cegaron os pozos que abriran os criados de seu pai Abraham.
16
Abimélec díxolle a Isaac: —"Marcha de onda nós, pois ti es moito máis forte".
17
Isaac marchou de alí, parou no val de Guerar e alí asentou.
18
Abriu de novo os pozos que foran xa cavados en vida de seu pai Abraham e que despois da súa morte cegaran os filisteos, e púxolles os mesmos nomes que lles puxera seu pai.
19
Os criados de Isaac cavaron tamén no torrente e deron cun manancial.
20
Os pastores de Guerar rifaron cos de Isaac dicindo: —"A auga é nosa". Por culpa desa discusión puxéronlle ó pozo o nome de Contenda.
21
Despois cavaron outro pozo e rifaron tamén por el. Chamáronlle, por iso, Inimizade.
22
Isaac foise de alí e fixo abrir outro pozo. Por este non houbo discusión, e púxolle Rehobot, pensando: —"Agora dános largueza o Señor para que prosperemos nesta terra".
23
De alí subiu Isaac ata Beerxeba.
24
Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".
25
Isaac construíu alí un altar e invocou o nome do Señor. Montou a súa tenda, e os seus criados abriron un pozo alí mesmo.
26
Abimélec chegouse onda Isaac desde Guerar, con Ahuzat o seu amigo e con Picol xefe da súa xente.
27
Isaac preguntoulles: —"A que vindes onda min, vós que me aborrecestes e me botastes da vosa compaña?"
28
Respondéronlle eles: —"Acabamos por ver que o Señor está contigo. Queremos que haxa entre nós un compromiso, que establezamos un pacto.
29
Ti non nos farás mal, como non te tocamos tampouco nós a ti. Tratámoste sempre ben e démosche unha boa despedida. E agora ti es o bendito do Señor".
30
Isaac preparoulles un xantar, e comeron e beberon.
31
Erguéronse de mañá e intercambiaron xuramentos. Despois Isaac despediunos, e eles fóronse en paz.
32
O mesmo día chegaron os criados de Isaac para o informaren do pozo que estaban abrindo; dixéronlle: —"Atopamos auga".
33
El púxolle o nome de Xeba. De aí o nome da cidade de Beerxeba ata hoxe.
34
Cando Esaú tiña corenta anos, tomou por mulleres a Xudit, filla de Beerí o hitita, e a Basmat, filla de Elón, tamén hitita.
35
Foron razón de tristura para Isaac e para Rebeca.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50