bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 45
Genesis 45
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 44
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 46 →
1
Xosé non puido xa conterse máis diante da súa corte e mandou que saísen todos. Non quedou ninguén con el, cando se deu a coñecer a seus irmáns.
2
Entón Xosé botouse a chorar, de xeito que o oían os exipcios ata o pazo do faraón.
3
Díxolles a seus irmáns: —"Eu son Xosé. Vive aínda meu pai?" Pero os irmáns non lle podían responder, por quedaren estarrecidos diante del.
4
Xosé díxolles: —"Achegádevos aquí". Eles achegáronse. E el repetiu: —"Eu son Xosé, voso irmán, o que vendestes para Exipto.
5
Agora non vos aflixades nin vos pese de me vender, pois para manter vidas mandoume Deus aquí diante de vós.
6
Van dous anos de fame na terra; pero quedan aínda cinco sen sementeira nin colleita.
7
Deus mandoume diante de vós, para asegurarvos a escapada da morte no país e para facervos sobrevivir, con vistas á gran liberación.
8
Polo mesmo non fostes vós os que me mandastes aquí. Foi Deus que fixo de min ser coma un pai para o faraón, dono da súa casa, gobernador da terra toda de Exipto.
9
Volvede onda meu pai e dicídelle que o seu fillo Xosé lle manda dicir isto: Deus fíxome señor de todo o Exipto. Ven sen deterte ó meu lado.
10
Asentarás na terra de Goxén e alí estaredes cerca de min, ti e mais os teus fillos, os teus netos, os teus fatos, os teus gandos e todas as túas posesións.
11
Eu mantereite alí, pois quedan aínda por diante cinco anos de fame, de xeito que non pases miseria ti, nin a túa familia, nin os teus servos.
12
Os vosos ollos e os de meu irmán Benxamín están vendo que son eu mesmo quen vos fala.
13
Contádelle a meu pai do meu poder en Exipto e de todo o que vistes. E traédemo aquí axiña".
14
Abrazando a seu irmán Benxamín, botouse a chorar; Benxamín choraba tamén, abrazado a el.
15
Bicou a todos os irmáns e chorou con eles. E seguiron falando uns cos outros.
16
Ata o pazo do faraón correu a voz: —"Viñeron os irmáns de Xosé". E pareceulles ben ó faraón e ós seus ministros.
17
O faraón díxolle a Xosé: —"Manda a teus irmáns que carguen os asnos e vaian a Canaán,
18
que collan a seu pai e as súas familias e que se veñan onda min. Dareilles do mellor que hai en Exipto, e poderán comer do máis prezado da terra.
19
Dilles tamén que leven de aquí carros, para traeren neles os nenos, as mulleres e a seu pai. E que se veñan.
20
Que non lles doia deixar alá cousas, pois o mellor de Exipto é para eles".
21
Os fillos de Israel cumpriron o mandado. Seguindo a orde do faraón, Xosé proveunos de carros e de provisións para a viaxe.
22
A cada un deulle tamén un vestido para se mudar. A Benxamín deulle trescentas moedas de prata e cinco mudas.
23
Para seu pai mandou Xosé dez asnos cargados coas cousas mellores de Exipto, e dez asnos con pan e provisións para a viaxe.
24
O despedilos, díxolles Xosé ós seus irmáns: —"Non rifedes polo camiño".
25
Eles saíron de Exipto e chegaron a Canaán, onda Xacob seu pai.
26
E contáronlle a nova: "Xosé vive aínda, e goberna o Exipto enteiro". Xacob quedou desconcertado, porque non o podía crer.
27
Eles referíronlle todo o que Xosé lles dixera. O ver Xacob os carros que mandaba Xosé para levalo, reviviulle o espírito.
28
E dixo Israel: "Chégame con que o meu fillo Xosé viva. Irei velo, antes de morrer".
← Chapter 44
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 46 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50