bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 42
Genesis 42
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 43 →
1
Soubo Xacob que había á venda trigo en Exipto, e díxolles ós fillos: —"Que facedes aí mirando?
2
Oín que hai trigo á venda en Exipto. Ide alá, mercade para vivirmos e non morrermos de fame".
3
Baixaron, pois, a Exipto dez dos irmáns de Xosé, para mercaren alí trigo,
4
Xacob non deixou ir con seus irmáns a Benxamín, o irmán de Xosé, por medo de que lle puidese pasar unha desgraza.
5
Os fillos de Israel ían mercar trigo entre outros moitos, pois había fame en todo o país de Canaán.
6
Xosé era quen mandaba en Exipto e quen vendía o trigo a todo o mundo. Chegados onda el, os irmáns prostráronse por terra.
7
En canto Xosé os viu, recoñeceunos; pero el non se lles deu a coñecer, senón que lles falou con dureza. Preguntoulles: —"Vós de onde vindes?" Eles responderon: —"Vimos do país de Canaán para mercar víveres".
8
Xosé recoñecía a seus irmáns, pero eles non recoñecían a Xosé.
9
Xosé acordouse dos soños que tivera acerca deles, e díxolles: —"Vós sodes espías. Viñestes pescudar os lados febles do país".
10
Respondéronlle eles: —"Non é así, señor. Os teus servos viñeron para adquirir víveres.
11
Somos fillos dun mesmo pai, xente de ben. Os teus servos non son espías".
12
El insistiu: —"Non é certo. Viñestes pescudar os lados febles do país".
13
Responderon: —"Nós, os teus servos, eramos doce irmáns, fillos dun mesmo pai, na terra de Canaán. O máis pequeno quedou co noso pai, e o outro xa faltou".
14
Díxolles Xosé: —"A verdade é o que vos dixen, que vós sodes espías.
15
Pero vouvos pór á proba. Pola vida do faraón, que non sairedes de aquí, namentres non veña convosco o voso irmán máis pequeno.
16
Mandade un de vós para que o traia. Os demais quedades presos. Comprobarase se dixestes a verdade. E se non, pola vida do faraón, que sodes espías".
17
E tívoos detidos tres días.
18
O terceiro día díxolles: —"Eu son un home que cre en Deus. Facede como vos digo, e salvaredes a vida.
19
Se sodes xente de ben, un de vos quedará preso no cárcere onde estades, e os demais iredes levar o trigo que mercastes, ás vosas xentes famentas.
20
Despois diso traerédesme a voso irmán máis novo, para que se comprobe o que dixestes e non teñades que morrer". Eles fixérono así.
21
Niso dicíanse uns ós outros: —"Abofé somos culpados polo que lle fixemos ó noso irmán. Vímolo no apuro, suplicándonos, e non lle fixemos caso. Por iso nós vémonos agora no apuro".
22
Entón dixo Rubén: —"Non vos dicía eu: Non lle fagades mal ó rapaz, e vós non fixestes caso? Por iso esíxennos agora o seu sangue".
23
Eles non sabían que Xosé os entendía, pois falaran por intérprete.
24
Xosé retirouse da súa vista e botou a chorar. Logo volveu para falarlles. Colleu de entre eles a Simeón e fíxoo prender á súa vista.
25
Xosé ordenou logo que lles enchesen as sacas de trigo, que metesen o diñeiro de cada un na súa saca e que lles desen provisións para á viaxe. E fixérono así con eles.
26
Eles cargaron o trigo nos asnos fóronse de alí.
27
A noite, na pousada, un deles abriu a saca para lle dar penso ó seu burro, e atopou na boca da saca o seu diñeiro.
28
Díxolles ós irmáns: —"Devolvéronme o diñeiro. Védeo aquí na saca". Asombrados e tremendo, dicíanse uns ós outros: —"Que está facendo Deus connosco?"
29
Chegados onda seu pai Xacob, en Canaán, contáronlle o que lles pasara:
30
—"O señor de Exipto tomounos por espías da súa terra e tratounos con dureza.
31
Nós dixémoslle que eramos xente de ben, e non espías.
32
Que eramos doce irmáns, fillos do mesmo pai: que un deles xa faltara e que o máis novo quedara con noso pai en Canaán.
33
O señor de Exipto díxonos: Deste xeito probarei se sodes xente de ben: un de vós ficará comigo; os demais collede os víveres para a mantenza das vosas familias, e marchade.
34
Pero para outra vez traédeme convosco o irmán máis pequeno; así comprobarei que non sodes espías, que sodes xente de ben. Entón devolvereivos eu o irmán e vós poderedes mercar neste país".
35
Cando baldeiraron as sacas, atoparon cadansúa bolsa do diñeiro. En vendo as bolsas, tremían eles e seu pai.
36
Xacob díxolles entón: —"Ídesme deixar sen fillos! Xosé xa non está e Simeón tampouco. E agora queredes levar tamén a Benxamín. Todo cae riba de min".
37
Respondeulle Rubén: —"Se non che traio de volta a Benxamín, podes matar os meus dous fillos. Déixao nas miñas mans, que eu cho volverei".
38
Xacob dixo: —"Non baixará convosco o meu fillo. Seu irmán morreu, e quédame el só. Se na viaxe que fagades pasa calquera desgraza, farédesme baixar ó sepulcro cargado de dor".
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 43 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50