bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 47
Genesis 47
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 46
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 48 →
1
Xosé foille dar a nova ó faraón: —"Chegaron de Canaán meu pai e meus irmáns, cos seus fatos, os seus gandos e todas as súas posesións, e están na terra de Goxén".
2
Levaba consigo cinco dos irmáns e presentoullos ó faraón.
3
O faraón preguntoulles: —"Cál é a vosa ocupación?" Respondéronlle eles: —"Os teus servos son pastores de rabaños, o mesmo ca nosos pais".
4
E engadiron: —"Viñemos buscar asento nesta terra, pois en Canaán faltan pastos para os rabaños dos teus servos, e a fame pesa por alá. Deixa ós teus servos asentarse na bisbarra de Goxén".
5
O faraón díxolle a Xosé: —"Agora que teu pai e teus irmáns chegaron onda ti,
6
Aí ter a terra de Exipto. Acomódaos onde mellor che pareza de todo o país; que habiten na terra de Goxén. E se pensas que entre eles hai homes dispostos, ponos á fronte da garda dos meus gandos".
7
Xosé levou a seu pai Xacob e presentoullo ó faraón. Xacob bendiciu ó faraón.
8
Este preguntoulle a Xacob: —"Cantos anos tes?"
9
El respondeulle: —"Cento trinta son os anos da miña peregrinación. A miña vida é curta e chea de traballos, e non alcanza a onde chegou a vida de meus pais na súa peregrinación".
10
Xacob bendiciu ó faraón e logo saíu da súa presenza.
11
Xosé acomodou a seu pai e a seus irmáns, dándolles propiedades en Exipto, en terra boa, na bisbarra de Ramsés, conforme dispuxera o faraón.
12
Xosé mantiña a seu pai, a seus irmáns e a toda a súa casa, conforme o seu número.
13
O pan faltaba xa na terra toda, e a fame era tan dura, que Exipto e Canaán desfalecían.
14
Xosé recolleu a prata toda de Exipto e Canaán, pola venda do trigo, e amoreou o diñeiro no pazo do faraón.
15
Acabouse o diñeiro en Exipto e en Canaán, e todos seguían acudindo a Xosé: —"Dános pan, ou morreremos aquí mesmo. O diñeiro acabouse".
16
Xosé respondeulles: —"Se se acabou o diñeiro, traédeme os vosos gandos; dareivos o gran por eles".
17
Eles trouxeron os gandos, e Xosé dáballes pan polos cabalos, as ovellas, as vacas, os asnos. Aquel ano proveunos de pan, a cambio dos seus gandos.
18
Pasado ese ano, viñan onda el no seguinte: —"O noso señor non se lle esconde que non nos quedan cartos nin facendas para o noso señor. O noso señor pode ver que nos quedan soamente os nosos corpos e as terras.
19
Teremos que perecer á túa vista? Mércanos por pan a nós e os nosos eidos, e seremos nós con eles escravos do faraón. Dános con que facer a sementeira, para que poidamos vivir e non morramos, e os nosos eidos non se convertan en deserto".
20
Xosé adquiriu para o faraón as terras todas de Exipto. A fame apertaba tanto, que cada exipcio vendía os seus eidos; estes pasaban a ser propiedade do faraón.
21
O pobo enteiro quedou en servidume, desde unha punta á outra do país.
22
Soamente non mercou Xosé as terras dos sacerdotes, pois había en favor deles un decreto do faraón, que mandaba mantelos. Por iso os sacerdotes non venderon as súas terras.
23
Xosé díxolle ó pobo: —"Vedes que agora vos adquirín a vós e as vosas terras para o faraón. Aquí tedes semente para sementar a terra.
24
Cando fagades a colleita, darédeslle unha quinta parte ó faraón; as outras catro partes seranvos para semente e para mantervos vós, coas vosas familias e os vosos fillos".
25
Dixéronlle eles: —"Ti déchesnos a vida. Que o noso señor nos mire con bos ollos; nós serviremos ó faraón".
26
Xosé dispuxo por lei, que dura aínda hoxe, que todas as terras de Exipto paguen un quinto ó faraón. Soamente as terras dos sacerdotes non pasaron ó faraón.
27
Israel asentou en Exipto, na bisbarra de Goxén. Adquiriu propiedades nela, reproduciuse e medrou moito.
28
Xacob viviu dezasete anos en Exipto. A súa vida enteira foi de cento corenta e sete anos.
29
Cando se lle aproximaba a Israel o día da morte, chamou a seu fillo Xosé e díxolle: —"Se merezo o teu favor, pon debaixo da miña coxa a túa man e xúrame que me mostrarar o amor e a lealdade de non enterráresme en Exipto.
30
Cando durma con meus pais, lévame de Exipto e entérrame no seu sepulcro". Respondeulle Xosé: —"Farei como me dis".
31
Dixo Xacob: —"Xúramo". El xuroullo. E Israel debruzouse na cabeceira do seu leito.
← Chapter 46
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 48 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50