bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 34
Genesis 34
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 35 →
1
Dinah, a filla que Lea lle dera a Xacob, saíu visitar as rapazas do lugar.
2
En véndoa Xequem, fillo do hivita Hamor, xefe daquel país, agarrouna, deitouse con ela e violouna.
3
Namorado da filla de Xacob, tolo de amor por ela, faloulle ó corazón.
4
Logo díxolle a seu pai Hamor: —"Adquíreme para muller esa rapaza".
5
Xacob recibiu a nova da aldraxe de Dinah, súa filla. Pero como os seus fillos estaban no monte co gando, calou ata que viñesen.
6
Hamor, o pai de Xequem, foi ver a Xacob para falarlle.
7
Os fillos de Xacob volvían entón do monte e oíron o feito. Doéronse e alporizáronse moitísimo de que unha infamia así se cometese contra Israel. Hai cousas que non se fan, como a de violar a filla de Xacob.
8
Hamor faloulles deste xeito: —"Meu fillo Xequem namorouse da vosa filla. Dádella, se podedes, por muller.
9
Emparentade connosco, dádenos das vosas fillas e vós tomade das nosas.
10
Podedes facer morada onda nós. A terra está aí, á vosa disposición. Habitade nela, sacádelle proveito, adquiride posesións".
11
Xequem, pola súa parte, díxolles ó pai e ós irmáns de Dinah: —"Que eu mereza o voso favor, e dareivos o que queirades.
12
Fixade un dote alto, reclamade regalos. Dareivos o que pidades, con tal de que me deades a rapaza por muller".
13
Os fillos de Xacob, á vista da aldraxe á irmá, responderon con retranca a Xequem e a seu pai Hamor.
14
—"Non podemos facer iso de dar a nosa irmá a un home non circuncidado. Sería para nós unha baixeza, cousa deshonrosa.
15
Poderemos só consentir, coa condición de que vós fagades coma nós, circuncidando todos os varóns.
16
Entón darémosvos as nosas fillas, e nós tomaremos as vosas. Habitaremos convosco e faremos un mesmo pobo.
17
Pero se non vos avindes á circuncisión, colleremos a rapaza e irémonos".
18
A proposta pareceulles ben a Hamor e a seu fillo Xequem.
19
O mozo Xequem non esperou para cumprir a condición, de namorado que estaba da filla de Xacob. El era o máis respectado da familia de seu pai.
20
Hamor e seu fillo Xequem foron logo á porta da cidade e faláronlles ós xequemitas:
21
—"Estes homes son xente de paz. Que habiten na nosa terra, que lle saquen proveito, pois vedes que a terra é abondosa. Nós tomaremos mulleres das súas fillas e darémoslles a eles das nosas.
22
Pero esa xente avirase só a habitar connosco e a facer un mesmo pobo, se circuncidamos todos os varóns, como tamén eles o fan.
23
As súas facendas, as súas posesións, os seus gandos, serán nosos. Soamente temos que avirnos á súa condición. Entón morarán connosco".
24
Todos os que pasaban polas portas da cidade acollían a proposta de Hamor e do seu fillo Xequem. E circuncidáronse todos os varóns.
25
Tres días despois de se circuncidaren os xequemitas, doentes aínda da operación, dous dos fillos de Xacob, Simeón e Leví, irmáns de Dinah, colleron as súas espadas, entraron na cidade que se cría segura, e mataron a todos os homes.
26
Mataron tamén a fío de espada a Hamor e ó seu fillo Xequem. Tiraron do pazo a Dinah súa irmá e saíron con ela.
27
Os demais fillos de Xacob botáronse sobre os despoxos e roubaron a cidade onde fora aldraxada súa irmá.
28
Levaron consigo ovellas, vacas, asnos e todo o que había na cidade e nos campos.
29
Colleron como presa os bens, os nenos, as mulleres, roubaron todo o que había nas casas.
30
Xacob díxolles a Simeón e a Leví: —"Botástesme a perder, facéndome noxento para os habitantes desta terra, cananeos e perizitas. Eu teño pouca xente. Se eles se xuntan contra min e me atacan, acabarán comigo e coa miña familia".
31
Dixeron eles: —"Habían tratar a nosa irmá coma unha calquera?"
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 35 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50