bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Genesis 29
Genesis 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 30 →
1
Xacob púxose en camiño cara á terra dos orientais.
2
Nun campío viu un pozo e tres fatos de ovellas, deitadas ó pé del, pois no pozo abeberaban os rabaños. O pozo estaba cuberto por unha grande pedra.
3
Cando se xuntaban alí todos os rabaños, corrían a pedra que tapaba o pozo, abeberaban os rabaños e logo volvían a pedra ó sitio.
4
Xacob preguntoulles ós pastores: —"Irmáns, de onde sodes?" Respondéronlle eles: —"Somos de Harán".
5
E el seguiu: —"Coñecedes quizais a Labán, o fillo de Nahor?" Eles dixeron: —"Coñecemos".
6
El preguntoulles: —"Está ben de saúde?" Eles dixeron: —"Está ben. Alí chega a súa filla Raquel co seu rabaño".
7
Xacob dixo: —"Queda moito día por diante, e non son horas de recoller o gando aínda. Abeberádeo e levádeo a pacer".
8
Respondéronlle eles: —"Non podemos, ata que non se xunten todos os rabaños. Entón corremos a pedra que tapa a boca do pozo e tirámoslles a auga ás ovellas".
9
Estaba Xacob falando con eles, cando chegou Raquel coas ovellas de seu pai. Ela era a pastora.
10
En vendo Xacob a Raquel, filla de Labán seu parente, coas ovellas deste, botou a man á pedra que tapaba a boca do pozo e correuna
11
e abeberou as ovellas de Labán. Despois deulle un bico a Raquel e rompeu a chorar.
12
Xacob díxolle a Raquel que el era parente de seu pai e fillo de Rebeca. E ela foi correndo dicirllo a seu pai.
13
Cando Labán oíu as novas de Xacob, fillo de súa irmá, correu ó seu encontro, abrazouno, bicouno e levouno á casa. Xacob contoulle a Labán todo o que lle acontecera.
14
E Labán díxolle: —"Somos da mesma carne e do mesmo sangue". Xacob quedou con el por un mes.
15
Labán faloulle a Xacob: —"Vasme servir de balde, por seres meu parente? Dime cal é o teu xornal".
16
Labán tiña dúas fillas, a máis vella chamábase Lea e a máis nova Raquel.
17
Lea era de ollos apagados, pero Raquel era fermosa e aposta.
18
Xacob quería a Raquel, e díxolle a Labán: —"Servireite sete anos por Raquel, a túa filla máis nova".
19
Respondeulle Labán: —"Mellor darcha a ti que non a un calquera. Fica, pois, comigo".
20
Xacob serviu sete anos por Raquel, e parecéronlle uns poucos días, de tanto que a quería.
21
O cabo deles díxolle a Labán: —"Dáme a miña muller, pois xa se cumpriu o tempo, e quero xuntarme con ela".
22
Labán reuniu os homes do lugar e ofreceu un xantar.
23
Chegada a noite, colleu a súa filla Lea, meteuna na tenda de Xacob, e este durmiu con ela.
24
Labán deulle a serva Zilpah á súa filla Lea.
25
Pola mañá decatouse Xacob de que era Lea, e díxolle a Labán: —"Que é isto que me fixeches? Non te servira por Raquel? Por que me enganaches?"
26
Respondeulle Labán: —"Onda nós non hai costume de dar a filla máis nova antes cá máis vella.
27
Deixa pasar outra semana e darémosche tamén a outra rapaza, polo servizo de sete anos máis".
28
Xacob deuno por bo e, ó cabo dunha semana, Labán entregoulle por muller a súa filla Raquel.
29
A Raquel deulle por criada a súa serva Bilhah.
30
Xacob levou tamén consigo a Raquel, e queríaa máis ca a Lea. E serviu a Labán por outros sete anos.
31
Visto que Lea era aborrecida, o Señor fixo fecundo o seu ventre, mentres Raquel era estéril.
32
Lea quedou embarazada e deu a luz un fillo, ó que puxo por nome Rubén, porque dicía: —"O Señor ollou para a miña aflición, e agora quererame o meu home".
33
Quedou de novo embarazada, deu a luz outro fillo e exclamou: —"O Señor oíu que era aborrecida e deume estoutro". E púxolle de nome Simeón.
34
Quedou aínda embarazada, pariu outro fillo e dixo: —"Agora o meu home apegarase a min, pois xa lle dei tres fillos". Por iso lle puxo o nome de Leví.
35
Quedou outra vez embarazada e deu a luz un cuarto fillo, e dixo: —"Arestora doulle as grazas ó Señor". Por iso lle puxo o nome de Xudá. E deixou de ter fillos.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50