bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 11
Jeremiah 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 12 →
1
Palabra que de parte do Señor recibiu Xeremías:
2
Escoitade os termos desta alianza, proclamádeos a cada un dos xudeus, e ós habitantes de Xerusalén.
3
Haslles dicir: —Así fala o Señor, o Deus de Israel: Maldito o home que non fai caso dos termos desta alianza,
4
que eu mandei a vosos pais, o día en que os saquei do país de Exipto, dun forno de fundir ferro, dicíndolles: "Facédelle caso á miña voz, e poñede por obra o que vos indico; conforme a todo o que vos mandei: así seredes para min o meu pobo, e eu serei para vós o voso Deus".
5
Deste xeito cumprirei a promesa que con xuramento fixen a vosos pais, de darlles para eles a terra que deita leite e mel, coma o día de hoxe. E eu repuxen dicindo: —De acordo, Señor.
6
Logo o Señor díxome: —Proclama todas estas palabras nas cidades de Xudá, e nas rúas de Xerusalén, dicíndolles: "Facédelles caso ós termos desta alianza e poñede por obra o que vos indico.
7
Ben llelo declarei solemnemente ós vosos pais, desde o día en que os fixen subir do país de Exipto e ata o día de hoxe encargándolles e recomendándolles que me escoiten.
8
Pero non me escoitaron nin me fixeron caso, senón que cada un seguiu as apetencias do seu corazón ruín. Por isto eu trouxen contra eles todas as maldicións desta alianza, que lles mandei poñer por obra e non puxeron".
9
Díxome o Señor: —Hai confabulación contra min entre cada un dos xudeus e dos habitantes de Xerusalén.
10
Volveron ás iniquidades dos seus pais, que refugaron facer caso ás miñas palabras. Fóronse tras deuses alleos para lles daren culto. O reino de Xudá e mais o reino de Israel romperon a miña alianza, a que eu fixen cos seus devanceiros.
11
Por isto así fala o Señor: —Velaquí que eu mandarei contra eles un desastre do que non serán capaces de fuxir; a gritos pediranme axuda, pero eu non os hei escoitar.
12
Entón as cidades de Xudá e mais os habitantes de Xerusalén irán pedir axuda ós deuses, ós que ofrendaron sacrificios de incenso; pero eses deuses non serán capaces de salvalos da súa situación de desastre.
13
Velaquí o número das túas cidades: ese é tamén o número dos teus deuses, Xudá; segundo o número das rúas de Xerusalén, así erguestes altares das vergonzas, para ofrecer sacrificios de incenso a Baal.
14
E ti non intercedas en favor deste pobo, nin eleves clamores nin oracións en favor deles. Sabe que non serei eu quen faga caso, cando ti clames a min en favor deles, mentres siga a súa ruindade.
15
Que fai a miña amiga no meu templo? Cumprir os seus propósitos? Acaso a graxa e mais a carne sacrificada farán desaparecer as túas débedas? Mira o mal que fixeches. Valo celebrar entón con solemnidade!
16
"Oliveira frondosa e bonita, froito que brilla"; chamouche Deus con ese nome, anuncio dun pobo grande. O lume prende na súa follaxe, e rómpense as ramas.
17
O Señor dos Exércitos que te plantou, anuncia contra ti unha calamidade, por causa da maldade do reino de Israel e do reino de Xudá, maldade que fixeron contra si mesmos; si, anoxáronme a min ofrecéndolle o incenso a Baal.
18
O Señor mostroumo, e entón comprendino, fíxome ver os seus feitos.
19
Eu era coma año manso levado á morte, e non me daba conta de que tramaban maquinacións contra min: "Cortemos a árbore no seu vigor, arrinquémola da súa terra vital, que non se lembre o seu nome endexamais".
20
Señor dos Exércitos, ti que xulgas con xustiza, ti que pós á proba as entrañas e mais o corazón; que eu vexa a vinganza que ti tomas contra eles, pois a ti che confiei o meu preito.
21
Por isto, así fala o Señor contra os homes de Anatot: —Estes están buscando matarte dicíndoche: "Deixa de profetizar no nome do Señor dos Exércitos, e así non morrerás nas nosas mans".
22
Por isto así fala o Señor dos Exércitos: —Sabédeo: eu voulles pedir contas: os mozos morrerán a espada, os seus fillos e fillas morrerán de fame;
23
deles non quedará nin resto, pois heilles mandar unha desgraza ós homes de Anatot, o ano en que lles pida as contas.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52