bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 20
Jeremiah 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 21 →
1
Paxhur, fillo de Imer, sacerdote e inspector xefe do templo do Señor, oíu a Xeremías cando profetizaba estes oráculos.
2
Paxhur fixo que lle desen unha tunda ó profeta Xeremías e meteuno no cepo que hai no templo do Señor xunto a porta maior de Benxamín.
3
O día seguinte Paxhur sacou a Xeremías do cepo e entón díxolle Xeremías: O Señor non te chama Paxhur, senón Magor Misabib.
4
Así fala o Señor: "Olla que eu te constitúo en terror para ti e para todos os teus amigos, que caerán debaixo da espada dos seus inimigos e os teus ollos hano de ver, e entregarei a todo Xudá no poder do rei de Babilonia, que os levará cativos a Babilonia e os matará a espada.
5
Entregareille todas as riquezas desta cidade, todo o froito do seu esforzo, todas as súas cousas apreciadas e todos os tesouros dos reis de Xudá: entregaréillelos ó poder dos seus inimigos, que os saquearán, roubarán e levarán a Babilonia.
6
E ti, Paxhur, e todos os que viven na túa casa iredes á catividade; ti entrarás en Babilonia, onde morrerás e serás enterrado, ti e mais todos os teus amigos para os que profetizaches en falso".
7
Señor, seducíchesme e deixeime seducir; collíchesme e puideches comigo. Sirvo a cotío de burla; a destrución é o meu pan.
8
Sempre que falo, teño que proclamar: Desastre!; teño que clamar: Destrución! A palabra do Señor volveuse para min un escarnio, unha burla continua.
9
Se digo: "Non me vou acordar máis del, non falarei máis no seu Nome", entón a súa palabra vólvese coma un lume abrasador no meu corazón, un lume prendido nos meus ósos; fago forza por apagalo, pero non son capaz.
10
Xa estou oíndo a sentencia, aumenta o terror ó arredor: "Denunciádeo, denunciémolo". Todos os que se fiaban da miña mensaxe de paz, agardan a miña caída: "A ver se se deixa seducir: poderemos con el, e vingarémonos del".
11
Polo Señor suspiro, como por un forte loitador; por isto os meus perseguidores caen, non me poden. Quedarán cubertos de vergonza porque non tiveron éxito, non deixarán esquecida esta vergonza perpetua.
12
Señor dos Exércitos, que pos a proba o xusto, que ver os sentimentos e mais as intencións, eu hei ver como te vingas deles, pois a ti encomendei o meu preito.
13
Cantádelle ó Señor, loade o Señor, pois libra a vida dun pobre do poder dos malvados.
14
Maldito o día en que nacín! O día en que me pariu a miña nai non sexa bendito!
15
Maldito o home que lle deu boas novas a meu pai: "Naceuche un fillo varón". Que alegría lle deu!
16
Oxalá se volvese este home coma as cidades que sen piedade destruíu o Señor; oxalá oíse berros de mañá e o fragor da loita ó mediodía.
17
Por que non me matou cando estaba no ventre? A miña nai sería a miña sepultura; o seu ventre, unha preñez para sempre.
18
Por que saín do ventre para ver traballos e aflicións? Por que os meus días se consomen na vergonza?
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52