bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 43
Jeremiah 43
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 42
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 44 →
1
Cando Xeremías acabou de anunciar ó pobo enteiro todas as palabras do Señor, o seu Deus, porque o Señor o seu Deus o mandara a xunto deles con todas as devanditas palabras,
2
Azarías, fillo de Hoxaías, e Iohanán, fillo de Caréah e todos os homes soberbios tomaron a palabra para lle dicir a Xeremías: —Ti estasnos comunicando mentiras. O Señor o noso Deus non mandou que digas: "Non entredes a Exipto para vivirdes alí",
3
senón que Baruc, fillo de Nerías está a incitarte contra nós, a fin de que ti nos entregues ó poder dos caldeos, para que nos maten ou nos deporten a Babilonia.
4
E deste xeito nin Iohanán, fillo de Caréah, nin ningún dos xenerais da tropa, nin ninguén do pobo lle fixo caso á orde do Señor de continuar vivindo no país de Xudá;
5
senón que Iohanán, fillo de Caréah e todos os xenerais da tropa, puxéronse a fronte de todo o resto de Xudá que volvera a vivir no país de Xudá de entre todos os pobos a onde se dispersara:
6
os homes e as mulleres, os meniños e as princesas e todos cantos Nebuzardán, xefe da garda persoal, confiara ó coidado de Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Xafán, e tamén o profeta Xeremías e Baruc, fillo de Nerías;
7
e marcharon ó país de Exipto, pois non lle fixeron caso á voz do Señor, senón que chegaron ata Tafnes.
8
En Tafnes veulle a palabra do Señor a Xeremías nestes termos:
9
—Na presenza dalgúns xudeus colle coas túas mans unhas pedras grandes e entérraas no barro que hai na telleira que se atopa en Tafnes á entrada do palacio do Faraón,
10
e dilles: Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Vou mandar buscar a Nabucodonosor, rei de Babilonia, o meu servo, e poñerei o seu trono enriba destas pedras que enterrei, e el estenderá sobre elas o seu baldaquino.
11
Virá castigar o país de Exipto; a quen ten o destino para a morte, coa morte; a quen ten o destino para o desterro, co desterro; a quen ten o destino para a espada, coa espada. Poñeralles lume ós templos dos deuses de Exipto,
12
queimará os deuses ou levaraos cativos, espiollará o país de Exipto, coma un pastor espiolla o seu manto, e sairá de alí en paz.
13
Esnaquizará os obeliscos do templo do Sol, que hai en Exipto, e prenderalles lume ós templos dos deuses de Exipto.
← Chapter 42
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 44 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52