bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 42
Jeremiah 42
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 43 →
1
Entón todos os xenerais das tropas, en especial Iohanán, fillo de Caréah, e Iezanías, fillo de Hoxaías, e todo o pobo desde o máis pequeno ata o máis grande, achegáronse
2
A Xeremías, o profeta, para lle dicir: Que a nosa súplica sexa ben recibida por ti; reza por nós ó Señor, o teu Deus, por este resto, pois de moitos quedamos uns poucos, como os teus ollos están a ver.
3
Que o Señor, o teu Deus, nos mostre o camiño que temos que seguir, e as cousas que debemos facer.
4
Entón Xeremías, o profeta, repúxolles: —De acordo. Vou interceder ante o Señor, o voso Deus, de acordo coas vosas súplicas, e todo canto o Señor vos responda, héivolo de comunicar; non vos gardarei oculto nada.
5
E eles dixéronlle a Xeremías: —Que o Señor sirva de testemuña verdadeiro e fiel contra nós, se nós obramos conforme a todas as palabras que o Señor, o teu Deus, che comunique a ti para nós:
6
Sexa favorable ou desfavorable, farémoslle caso á voz do Señor, noso Deus, o digno de confianza a quen nós te mandamos, para que a sorte nos sexa boa. De certo, farémoslle caso á voz do Señor, o noso Deus.
7
E ó cabo de dez días veulle a palabra do Señor a Xeremías,
8
quen chamou a Iohanán, fillo de Caréah e a todos os xenerais das tropas que estaban con el e a todo o pobo desde o máis pequeno ata o máis grande,
9
e díxolles: —Así fala o Señor, Deus de Israel, a quen vós me mandastes presentarlle a vosa súplica:
10
Se volvedes a habitar neste país, eu construireivos e non vos destruirei, plantareivos e non vos arrincarei; Moito sinto o mal que vos fixen!
11
Non lle teñades medo ó rei de Babilonia, a quen agora estades temendo; non lle teñades medo —é o Señor quen fala—: vede: eu estou convosco para salvarvos e para librarvos da súa man.
12
Infundireille misericordia para con vós e compadecerase de vós e deixaravos habitar na vosa terra.
13
Pero vós estades a dicir: "Non viviremos neste país" —desobedecendo a voz do Señor, o voso Deus.
14
Isto é que dicides: Resistamos, pois iremos ó país de Exipto, onde nin veremos a guerra, nin escoitaremos a voz da trompeta, nin pasaremos fame de pan e onde viviremos".
15
Por iso, escoitade agora a palabra do Señor, resto de Xudá: Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: se vós vos empeñades en ir a Exipto, e se ides para habitar alí,
16
A espada da que vós tendes medo estará alí, alcanzaravos a vós no país de Exipto; e a fame, que tanto medo vos dá, perseguiravos deica Exipto, e morreredes alí.
17
Alí estarán todos os homes que decidiron marchar a Exipto, para viviren alí, morrerán pola espada, de fame e de peste, e non quedará deles supervivente, nin escapado da presenza do desastre que eu mandarei contra eles.
18
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: O mesmo que a miña ira e o meu noxo se verteron sobre os habitantes de Xerusalén, así tamén se verterá a miña ira sobre vós, cando entredes en Exipto; serviredes de fórmula de imprecación e de exemplo de desolación, de maldición e de inxuria, e non volveredes a ver este lugar.
19
O Señor divos a vós, resto de Xudá: Non vaiades a Exipto. Que vos quede ben sabido, que eu me converto hoxe en testemuña contra vós.
20
Certamente fun enganado por vós mesmos, pois mandástesme onda o Señor, o voso Deus, dicindo: "Intercede por nós ante o Señor, o noso Deus, e todo canto o Señor o noso Deus che diga, móstranolo, que o faremos".
21
Mostréivolo hoxe, pero vós non lle facedes caso nin á voz do Señor, o voso Deus, nin a todo o que el mandou dicirvos.
22
Pois agora tende ben sabido que morreredes pola espada, de fame e de peste no lugar a onde quixestes ir vivir.
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 43 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52