bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 52
Jeremiah 52
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 51
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
1
Sedecías tiña vinte e un anos cando empezou a ser rei, e foi rei once anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Hamital, filla de Xeremías, natural de Libnah.
2
Portouse mal ante o Señor, o mesmo que se portara Ioaquim.
3
Tal provocación da ira do Señor houbo en Xerusalén e Xudá, que El os botou de diante da súa presenza. Sedecías rebelouse contra o rei de Babilonia.
4
E sucedeu que no ano noveno do seu reinado, no décimo mes, o dez dese mes, veu Nabucodonosor con todo o seu exército contra Xerusalén; plantaron os campamentos fronte a ela, e por todo arredor construíron terrapléns de sitio contra ela.
5
A cidade quedou en estado de sitio ata o ano once do reinado de Sedecías.
6
No cuarto mes, o día nove, intensificou a fame na cidade, de xeito que xa non tiñan pan nin os terratenentes.
7
Entón abriuse brecha na cidade e todos os combatentes fuxiron, saíndo da cidade de noite pola porta que estaba entre as dúas murallas, fronte ó xardín do rei, mentres os caldeos estaban a cercar a cidade; marcharon polo camiño da Arabah.
8
As tropas caldeas perseguiron ó rei e alcanzaron a Sedecías nas chairas de Xericó, mentres as súas tropas se dispersaban, abandonándoo.
9
Entón prenderon ó rei e levárono a Riblah, na comarca de Hamat, onda o rei de Babilonia, quen ditou sentencia contra el.
10
O rei de Babilonia degolou ós fillos de Sedecías ante os seus propios ollos, e tamén degolou en Riblah a todas as autoridades de Xudá.
11
O rei de Babilonia cegou a Sedecías e atouno con dúas cadeas de bronce, levouno a Babilonia e meteuno no cárcere ata o día da súa morte.
12
No quinto mes, o dez do mes, do ano dezanove do reinado de Nabucodonosor, rei de Babilonia, entrou en Xerusalén Nebuzardán, xefe da garda e membro do servizo persoal do rei de Babilonia.
13
Púxolles lume ó templo do Señor, ó palacio do rei e a todas as casas de Xerusalén: todas as casas grandes queimounas.
14
As tropas dos caldeos, que estaban co xefe da garda, botaron abaixo todas as murallas que había ó arredor de Xerusalén.
15
Nebuzardán, xefe da garda, levou cativos a unha parte da xente humilde do pobo, ó resto do pobo que se quedara na cidade, ós desertores que se pasaran ó rei de Babilonia e ó resto dos artesáns.
16
Outra parte da xente humilde deixouna quedar Nebuzardán, xefe da garda, para que traballasen as viñas e arasen as terras.
17
Os caldeos fixeron anacos as columnas de bronce, que había no templo do Señor, as tallas con rodas e o mar de bronce, que había no templo do Señor, e levaron todo o bronce de Babilonia.
18
Tamén colleron as olas, as pinzas e as tenaces de avivecer o lume, os caldeiros e os cazos para as aspersións e todos os demais utensilios de bronce que se empregaban no culto.
19
O xefe da garda tamén colleu as barreñas, os braseiros, os caldeiros para as aspersións, e as bandexas das ofrendas, tanto de ouro coma de prata.
20
Tendo en conta as dúas columnas, o único mar, os doce bois en bronce, que estaban debaixo das tallas rodantes, que fixo o rei Salomón para o templo do Señor, é incalculable o peso do bronce de todos estes obxectos.
21
En canto ás columnas, cada unha medía de alto dezanove cóbados, cinguíaa ó arredor un cordel de doce cóbados, e o seu espesor era de catro dedos, pois eran furadas.
22
Sobre cada unha delas había un capitel de bronce, e a altura dun capitel era de cinco cóbados; sobre e toda a superficie do capitel había unha rede e granadas, todo de bronce; na segunda columna había cousas coma estas e granadas.
23
As granadas eran noventa e seis en baixorrelevo; o total das granadas de todo o arredor en altorrelevo entre a rede eran cen.
24
O xefe da garda colleu a Seraías, sumo sacerdote, a Sefanías, segundo sacerdote, e a tres gardas da entrada.
25
Tamén colleu na cidade a un eunuco que era o inspector da tropa e a sete homes do servizo persoal do rei, que se atopaban na cidade, ó secretario do xefe do exército, que recrutaba para o exército ós terratenentes, e a sesenta homes de entre os terratenentes, que se atopaban na cidade.
26
Nebuzardán, xefe da garda, prendeunos e levounos a Riblah, ó rei de Babilonia.
27
O rei de Babilonia castigounos, e logo condenounos a morte en Riblah, comarca de Hamat; deportou a Xudá da súa terra.
28
Esta foi a poboación que deportou Nabucodonosor no ano sétimo: 3.023 xudeus;
29
no ano dezaoito de Nabucodonosor deportou de Xerusalén 832 persoas;
30
no ano vinte e tres de Nabucodonosor, deportou Nebuzardán, o xefe da garda, 745 persoas; o que fai un total de 4.600 persoas.
31
No ano trinta e seis da catividade de Ioaquín rei de Xudá, o mes décimo segundo, o vinte e cinco deste mes, Evil—Merudak, rei de Babilonia, no ano da súa entronización, concedeulle o indulto a Ioaquín.
32
Falaba con el amigablemente; colocou o seu trono por riba do trono dos reis que estaban con el en Babilonia;
33
cambioulle os seus vestidos da prisión e comía na súa mesa todos os días da súa vida.
34
A súa comida, a de cada día, dábaselle coa do rei de Babilonia; a ración do día ata o día da súa morte, todos os días da súa vida.
← Chapter 51
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52