bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 49
Jeremiah 49
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 48
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 50 →
1
Acerca dos amonitas, así fala o Señor: Acaso Israel non ten fillos? Acaso non ten herdeiro? Por que Milkom herdou Gad e o seu pobo vive nas cidades de Gad?
2
Por isto: velaí veñen días —é o Señor quen fala— nos que farei oír berros de guerra contra a capital dos amonitas, que se converterá nun outeiro de desolación, e as súas cidades filiais serán incendiadas con lume, mentres Israel herdará dos herdeiros deles —dío o Señor—.
3
Fai lamentacións, Hexbón, pois, ai, está devastada; gritade, cidades filiais da capital, Rabah, vestídevos de saco, facede loito, andade dun lado para o outro entre muros. Pois Milkom vai á catividade xunto cos seus sacerdotes e xefes.
4
Por que te glorías da túa forza? A túa forza amolece, filla rebelde que confía nas súas riquezas: "Quen virá contra min?".
5
Eu traerei contra ti o terror de parte de todos os teus veciños —quen fala é o Señor, Deus dos Exércitos—. Seredes expulsados, cada un pola súa parte, e non haberá quen xunte ós que escapan.
6
Pero despois disto volverei a traer ós desterrados, fillos de Amón —é o Señor quen fala—.
7
Acerca de Edom, así fala o Señor dos Exércitos: —Xa non hai sabedoría en Temán? Faltoulles ós intelixentes o consello? Corrompeuse a súa sabedoría?
8
—Escapade, dade a volta, cavade foxos onde morar, habitantes de Dedán; é a calamidade de Esaú o que traio contra Dedán, é o intre no que eu lle pedirei contas.
9
Cando entren en ti os vendimadores, non deixarán acio ningún; cando entren de noite os ladróns, destruirán canto lles cumpra.
10
Serei eu quen descubra a Esaú, quen poña á vista os seus escondedoiros, de xeito que non se poida ocultar. Está destruída a súa descendencia e a súa parentela, os seus veciños xa non os ten.
11
—Abandona ós teus orfos, que eu os farei vivir, e as túas viúvas confiarán en min.
12
Certo, si, así fala o Señor: Os que non teñen a condena de beber a copa, certo que a beberán: e vas ser ti quen se libre do castigo? Non te librarás, senón que sen remedio a beberás.
13
Pois xuro por min mesmo —é o Señor quen fala— que Bosrah se converterá nunha desolación, nunha morea de ruínas, nun ermo e nun obxecto de maldición, e todas as súas cidades se converterán nun ermo perpetuo.
14
Oín unha mensaxe de parte do Señor, e un mensaxeiro foi mandado ás nacións: "Xuntádevos, subide contra ela; en pé, á guerra!".
15
Velaí: convértote no máis pequeno dos pobos, no máis desprezable da humanidade.
16
O espanto que produces enganoute, a temeridade do teu corazón. —Vive nas fendeduras das penas! Agárrate á cima dos montes! Aínda que levantes coma a aguia o teu niño, heite baixar de alí —é o Señor quen fala—.
17
Edom volverase unha desolación: todo o que pase por el suspirará e asubiará en presenza das súas feridas,
18
igual que en presenza da destrución de Sodoma e Gomorra e das súas cidades veciñas —dío o Señor—. Ninguén vivirá alí, ningún fillo de home morará nela.
19
Velaí un león que sobe da fraga do Xordán: á súa morada heino volver, heino espantar e facer correr desde alí. Cal é o escollido de entre o seu exército, que o hei castigar? Pois quen hai coma min? Quen me desafía a un xuízo? Quen é o pastor que se mantén de pé na miña presenza?
20
Por isto, escoitade o plan do Señor, o que el formulou contra Edom, e as decisións que tomou contra os habitantes de Temán. É ben certo que os arrasarán os pastoriños do rabaño, si, a súa morada quedará destruída ante estes.
21
Co estrondo da súa caída tremará o país, que clamará e desde o mar dos Xuncos se oirá o seu clamor.
22
Velaí unha aguia que subirá e planeará, estenderá as súas ás sobre Bosrah; o corazón dos soldados de Edom volverase no día aquel coma o corazón dunha muller nas angustias do parto.
23
Sobre Damasco: —Están cubertos de vergonza Hamat e Arpad, pois oíron unha mala noticia, asustounos o Monstro mariño, a angustia que non se pode calmar.
24
Quedou sen forzas Damasco, dá volta para escapar, o terror apodérase del, angustias e dores apodéranse del coma dunha muller en parto.
25
Como estará abandonada a cidade renomeada, a vila alegre!
26
Certo, caerán os seus soldados nas súas prazas, e todos os homes de guerra perecerán no día aquel —oráculo do Señor dos Exércitos—.
27
Prendereilles lume ás murallas de Damasco, e consumirá os palacios de Ben—Hadad.
28
Así fala o Señor acerca de Quedar e dos reinos de Hasor, que destruíu Nabucodonosor, rei de Babilonia: —En marcha! Subide contra Quedar, devastade as tribos de Oriente.
29
Collan as súas tendas e mais os seus rabaños, as súas cidades e todos os seus útiles; apodérense dos seus camelos e bérrenlles: "Pavor por todas partes".
30
Fuxide, escapade da calamidade, cavade moradas, habitantes de Hasor —é o Señor quen fala—, pois Nabucodonosor, rei de Babilonia, maquinou un plan contra vós, tomou decisións contra eles.
31
En marcha! Subide contra o pobo descoidado, que vive na tranquilidade —é o Señor quen fala—, sen dobre porta e sen ferrollo; viven sós.
32
Os seus camelos servirán de botín, e a multitude dos seus rabaños servirá de ganancia; dispersareinos a todos os ventos coas tempas rapadas e de todas as rexións traereilles a súa calamidade —é o Señor quen fala—.
33
Hasor converterase en morada de serpes monstruosas, nunha desolación para sempre. Ninguén habitará máis alí, e non residirá nela home ningún.
34
Cando lle veu a palabra do Señor a Xeremías acerca de Elam nestes termos, foi no comezo do reinado de Sedecías, rei de Xudá.
35
—Así fala o Señor dos Exércitos: Velaí vou eu romper o arco de Elam, o mellor das súas forzas varudas;
36
vou traer contra Elam os catro ventos dos catro cantos do ceo: dispersareinos con todos os ventos, e xa non existirá máis este pobo, porque non volverá máis alí, desterrado para sempre.
37
Farei tremer a Elam ante os seus inimigos, ante os que buscan acabar coa súa vida; traerei sobre eles unha desgraza, o incendio da miña ira —é o Señor quen fala—. Mandarei tras eles a espada, ata que eu acabe con eles.
38
Poñerei o meu trono en Elam, farei desaparecer de alí ó rei e ós ministros —é o Señor quen fala—.
39
Pero, ó andar dos días, volverei do revés a catividade de Elam —é o Señor quen fala—.
← Chapter 48
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 50 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52