bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 50
Jeremiah 50
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 49
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 51 →
1
Esta é a palabra que o Señor dirixiu a Babilonia, o país dos caldeos, por medio do profeta Xeremías.
2
Facédeo saber entre as nacións, anunciádellelo, levantade a bandeira, anunciádellelo, non o ocultedes, dicide: Foi conquistada Babilonia, quedou avergonzado Bel, quedou horrorizado Marduk; avergonzadas quedaron as súas imaxes, horrorizados os seus ídolos.
3
Velaí: desde o norte sobe contra ela un pobo que converte a súa terra nunha desolación; xa non haberá quen habite nela; desde os homes ós animais fuxiron á desbandada.
4
Nos días aqueles e naquel intre, —é o Señor quen fala— virán os fillos de Israel canda os fillos de Xudá, camiñarán decididos e esbagullando, e buscarán ó Señor, o seu Deus.
5
Preguntarán por Sión, polo camiño que leva alí, que está diante deles. "Camiñade e levemos a termo, ante o Señor, unha alianza eterna que nunca se esqueza".
6
Un rabaño de ovellas descarreiradas é o meu pobo; os seus pastores escorrentáronas da miña montaña, camiñan descarreiradas de montaña en outeiro, esqueceron o seu curral.
7
Todos os que as atopan, devóranas, e os seus opresores din: "Nós non temos culpa, xa que eles pecaron contra o Señor; o seu lugar lexítimo e a esperanza dos seus pais é o Señor".
8
Fuxide da presenza de Babilonia, saíde do país dos caldeos, sede coma castróns a fronte do rabaño.
9
Eu estou suscitando e facendo subir contra Babilonia unha xuntanza de grandes pobos, desde a terra do norte aliñaranse contra ela, e desde alí conquistarana. As súas frechas son coma un guerreiro que deixa pais sen fillos, que non volve da guerra en vano.
10
Caldea converterase en presa, todos os ladróns fartaranse con ela —é o Señor quen fala—.
11
Alégrate! Brinca de ledicia ti que arrasas a miña herdanza! Brinca coma xovenca inquieta en celo! Rincha coma os cabalos da parada!
12
A vosa nai estará avergonzada por culpa da calamidade, estará alporizada a que vos deu a luz; védea: será o último dos pobos, un deserto, terra reseca e unha estepa.
13
Por causa da ira do Señor non será habitable, toda ela se volverá unha desolación. Todo o que pase xunto a Babilonia suspirará, e asubiará á vista de todas as súas chagas.
14
Alinéadevos en círculo contra Babilonia, todos os que tensades o arco, tirádelle a ela, non aforredes frechas, xa que pecou contra o Señor.
15
Lanzade berros en todo o arredor contra ela: o seu poder réndese, caen as súas columnas, derrúbanse os seus muros. Esta é a vinganza do Señor, vingádevos dela; como ela fixo, facédelle a ela.
16
Exterminade de Babilonia ó sementador e ó que colle a fouce no tempo da sega. Que, lonxe da espada opresora, cada un se dirixa ó seu pobo, que cada un fuxa ó seu país.
17
Ovella descarreirada era Israel, perseguírona leóns: o primeiro que a devorou foi o rei de Asur, e o derradeiro que lle rompeu os ósos foi Nabucodonosor, rei de Babilonia.
18
Por isto, así fala o Señor dos Exércitos, Deus de Israel: Eu vou castigar ó rei de Babilonia e ó seu país, o mesmo que castiguei ó rei de Asur.
19
Traerei a Israel ó seu pasteiro e pastará no Carmelo e en Baxán, nas montañas de Efraím e en Galaad; fartarase a súa gorxa.
20
No tempo aquel e naquel intre —é o Señor quen fala— buscarase a iniquidade en Israel e non existirá, buscarase o pecado de Xudá e non se atopará, pois eu perdoarei a cantos deixe quedar vivos.
21
Sube ó país de Merataim, sube contra el e pasa pola espada ós habitantes de Pecod, consagra á destrución o resto deles —é o Señor quen fala— e failles conforme o que eu che mando.
22
Gritos de guerra no país, un gran fracaso!
23
Como se rompe e se esnaquizou o martelo de toda a terra! Como se converteu Babilonia nunha desolación entre as nacións!
24
Púxenche unha trampa, Babilonia, e caíches nela sen te dares conta, fuches encontrada e ben apresada, pois rebelácheste contra o Señor.
25
O Señor abriu os depósitos e sacou as armas da súa ira, pois na capital dos caldeos ten traballo o Señor, Deus dos Exércitos.
26
Despois, á volta da seitura, entrade nela, limpade o seu gran como é debido, amoreádeo coma en medas, e consagrádea á destrución: que non quede nin resto.
27
Acoitelade todos os seus touros, que os baixen ó matadoiro. Ai deles! Certo, chegou o seu día, o intre de lle pedir contas.
28
Un estrondo! O dos que foxen e escapan do país de Babilonia, para anunciar en Sión a vinganza do Señor, o noso Deus, a vinganza polo seu templo.
29
Recrutade contra Babilonia arqueiros, a todos os que tensan o arco; acampade en círculo contra ela, que non haxa escape. Tratádea conforme o seu comportamento: tal como ela fixo, facédelle a ela; ben certo que foi insolente co Señor, co Santo de Israel.
30
Por isto caerán os seus soldados nas súas prazas, e todos os seus guerreiros perecerán o día aquel —é o Señor quen fala—.
31
Velaquí estou contra ti, "Insolencia" —é o Señor quen fala, o Deus dos Exércitos—, chegouche o día, o intre de pedirche contas.
32
A Insolencia tropezará e caerá, e non haberá quen a erga; eu préndolles lume ás súas cidades, consumo todos os seus arredores.
33
Así fala o Señor dos Exércitos: Na opresión están os fillos de Israel, o mesmo cós fillos de Xudá: todos os que os deportaron retéñenos, impídenlles marchar.
34
Pero o seu Salvador é forte: Señor dos Exércitos é o seu nome. El defenderá enerxicamente a súa causa, poñendo en calma o seu país, pero facendo estremecer ós habitantes de Babilonia.
35
Unha espada está sobre os caldeos —é o Señor quen fala— e sobre os habitantes de Babilonia, sobre os seus principais e sobre os seus sabios.
36
Unha espada está sobre os sacerdotes que pronuncian oráculos, que xa non o quererán facer. Unha espada está sobre os seus soldados que estarán estarrecidos.
37
Unha espada está sobre os cabalos de cada un deles, e sobre os carros de cada un deles, e sobre a seitura que está diante de Babilonia, pois todo isto quedará para as mulleres. Unha espada está sobre as súas provisións, que serán roubadas.
38
Unha espada está sobre as súas augas, que estarán secas. É un país de ídolos que enlouquece con figuras monstruosas.
39
Habitarán nela os vampiros xunto cos faunos, e morarán nela as fillas da avestruz; non servirá de morada para nunca xamais, nin será habitable de xeración en xeración.
40
Sucederá coma cando o Señor destruíu Sodoma, Gomorra e as cidades veciñas —é o Señor quen fala—, que ninguén habitará en Babilonia, nin residirá nela ningún humano.
41
Velaí un pobo que vén do norte, unha grande nación e numerosos reis póñense en movemento, desde os recantos do mundo.
42
Empuñan o arco e a fouce longa, son crueis e non teñen compaixón; os seus berros resoan, retumban coma o mar, montan cabalos adestrados para a guerra, coma un só home contra ti, filla de Babel.
43
Enteirouse o rei de Babilonia da noticia: tremen as súas mans, a angustia apoderouse del, retórcese coma a muller no parto.
44
Velaí un león: sobe da profundidade do Xordán, á súa morada heino de volver, heino espantar e facer correr desde onde subiu. Cal e o escollido de entre o seu exército que o hei de castigar? Pois quen hai coma min? Quen me desafía? Quen é o pastor que se mantén de pé na miña presenza?
45
Por isto, escoitade o plan do Señor que el formulou contra Babilonia, as decisións que tomou contra o país dos caldeos: É ben certo que os arrasarán os pastoriños do rabaño, é ben certo que a súa morada quedará destruída ante eles.
46
Co estrondo da toma de Babilonia retumba a terra, o clamor da toma de Babilonia óese entre as nacións.
← Chapter 49
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 51 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52