bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 14
Jeremiah 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 15 →
1
Palabras do Señor que lle viñeron a Xeremías acerca do asunto da seca:
2
Xudá morre de sede, os gardas das súas portas están esmorecidos, viven entre escuridades no país, soben os clamores de Xerusalén.
3
Os máis grandes de entre eles mandan ós seus rapaces por auga, van ata os pozos, non atopan auga, traen de volta as súas olas baleiras, están avergonzados e confundidos, pola burla cobren a cabeza.
4
Cando se atravesan as terras, estas son algo terrible, pois non hai chuvia no país. Están avergonzados os labregos que labraron, cobren a cabeza.
5
Velaquí que tamén a corza pariu na camposa e deixou abandonada a súa cría, pois non hai herba verde.
6
Os burros do monte páranse nos altos, ventan o aire coma os chacais, teñen os ollos cansos, pois non hai herba verde.
7
As nosas iniquidades falan contra nós; Señor, actúa por mor do teu Nome; certo que son moitas as nosas perversidades, ofendémoste a ti,
8
Esperanza de Israel, Saúde no momento da angustia. Por que es ti coma un forasteiro no país, coma o que vai de viaxe e se aparta do camiño para pasar a noite?
9
Por que es coma un que se retira, coma un soldado que non é capaz de salvar? Pero ti, Señor, estás entre nós, e o teu Nome invócase sobre nós, non nos abandones.
10
O Señor respóndelle así a este pobo: —Ben que lles gustou ir en romaría, non lles aforraron traballos ás pernas! Pero o Señor non os ollou con amor. Agora acórdase das súas iniquidades, pídelles contas dos seus pecados.
11
E o Señor díxome a min: —Non intercedas por este pobo para o seu ben,
12
Aínda que xaxúen, non serei eu quen escoite a súa clamorosa súplica; aínda que ofrezan holocaustos e ofrendas, non serei eu quen se lles mostre favorable, senón que acabarei con eles pola espada, a fame e a peste.
13
E eu repuxen: —Ai, meu Señor Iavé! Velaquí o que lles anuncian os profetas: Non habedes ver a espada, nin pasaredes fame, é a paz o que vos hei dar neste lugar santo.
14
Volveume dicir o Señor: —É mentira o que os profetas profetizan no meu Nome: Eu nin os mandei, nin lles dei ordes, nin lles falei; o que eles lles profetizan son falsas visións e adiviñanzas, ouveos e pantasmas da súa mente.
15
Por isto, así fala o Señor Altísimo: —Os profetas que profetizan no meu Nome, sen que eu os teña mandado, os que din: "nin espada nin fame haberá neste país", eses profetas pola espada e pola fame acabarán.
16
E o pobo ó que eles profetizan, xacerá pisado nas rúas de Xerusalén, por causa da fame e da espada, e non terán quen lles dea sepultura a eles, ás súas mulleres, ós seus fillos e ás súas fillas; deste xeito farei vir sobre eles a súa ruindade.
17
Proclámalles este oráculo: —Os meus ollos chorrean bágoas, de día e de noite moito choran! pois a Mociña, a filla do meu pobo, arruinouse cun enorme desastre, está completamente deshonrada cunha grande ferida.
18
Saio ó campo e velaquí: asasinados a espada; entro na cidade e velaquí: esmorecidos coa fame. Olla para o sacerdote e para o profeta: andan á deriva polo país e nin conta se dan.
19
Refugaches definitivamente a Xudá? Tes noxo de Sión? Por que nos feriches e non hai remedio para nós? Por que se está á espera da paz, e non hai cousa boa, e no momento do remedio se presenta o terror?
20
Señor, recoñecemos a nosa impiedade, a iniquidade dos nosos devanceiros, pois temos pecado contra ti.
21
Por mor do teu Nome, non rexeites, non trates a golpes o trono da túa gloria; fai memoria e non rompas a túa alianza connosco.
22
Acaso hai entre os deuses inútiles dos pagáns algún que poida dar a chuvia? Acaso é o ceo quen dá as chuvias benfeitoras? Acaso non es ti, o Señor, noso Deus? En ti poñemos a nosa esperanza, pois ti sempre nos deches todo isto.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52