bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 38
Jeremiah 38
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 39 →
1
Xefatías, fillo de Matán, Guedalías, fillo de Paxhur, Iucal, fillo de Xelemías e Paxhur, fillo de Malaquías, oíron estes oráculos que Xeremías lle dicía a todo o pobo:
2
Así fala o Señor: Quen siga vivindo nesta cidade morrerá de espada, de fame e de peste; quen se pase ós caldeos vivirá, terá como ganancia a súa respiración e a súa vida.
3
Así fala o Señor: Esta cidade será de certo entregada ó poder dos exércitos do rei de Babilonia, que a conquistará.
4
Entón as autoridades dixéronlle ó rei: Fágase morrer a este home, pois deste xeito está a afrouxar os ánimos dos homes de guerra que quedan nesta cidade e os ánimos de todo o exército, dicíndolles cousas coma estas. Certamente este home non está a buscar o benestar para o pobo, senón que está a buscar a súa desgraza.
5
O rei Sedecías repúxolles: —Aí o tendes no voso poder, pois o rei non pode nada contra vós.
6
Eles colleron a Xeremías e botárono na cisterna de Malaquías, príncipe real que estaba no patio da garda, baixando a Xeremías con cordas. No pozo non había auga, senón lama, e Xeremías enterrouse na lama.
7
Ébed—Mélec, o etíope, eunuco, que vivía no palacio do rei, oíu que puxeran a Xeremías na cisterna. Mentres o rei estaba sentado na porta de Benxamín,
8
saíu Ébed—Mélec do palacio real e faloulle ó rei nestes termos:
9
Meu señor, meu rei, estes homes cometeron unha inxustiza con todo o que lle fixeron a Xeremías, o profeta, e con botalo na cisterna; vai morrer onde está por falta de pan, xa que non hai pan na cidade.
10
Entón o rei deulle esta orde a Ébed—Mélec, o etíope: —Colle ás túas ordes tres homes destes, e sube da cisterna ó profeta Xeremías, antes de que morra.
11
Ébed—Mélec colleu ás súas ordes os homes e entrou no palacio real, onde estaba o tesouro, e colleu alí farrapos de estopa e de sacos, e con cordas botoullos na cisterna a Xeremías.
12
E díxolle Ébed—Mélec o etíope a Xeremías: —Pon os farrapos de estopa e de sacos nos sobacos por debaixo das cordas. Xeremías fíxoo así.
13
Tiraron de Xeremías coas cordas e subírono da cisterna; e Xeremías seguiu vivindo no patio da garda.
14
O rei Sedecías mandou buscar a Xeremías, o profeta, á terceira entrada do templo do Señor. Díxolle o rei a Xeremías: —Eu quero preguntarche unha cousa: non me escondas nada.
15
Xeremías repúxolle a Sedecías: —Se cha digo, vasme matar; se che dou un consello, non me vas escoitar.
16
O rei Sedecías xuroulle en secreto a Xeremías deste xeito: —Vive o Señor que está a chegar, e que nos dá a vida que temos, que non te deixarei matar nin te entregarei nas mans destes homes que buscan acabar coa túa vida!
17
Entón Xeremías díxolle a Sedecías: —Así fala o Señor, Deus dos Exércitos, Deus de Israel: Se te rendes ós xenerais do rei de Babilonia, salvarás a túa vida, e esta cidade non será queimada; vivirás ti e mais a túa familia.
18
Pero se non te rendes ós xenerais do rei de Babilonia, entregarei esta cidade nas mans dos caldeos, que lle prenderán lume, e ti non fuxirás das súas mans.
19
O rei Sedecías, repúxolle a Xeremías: —Téñolles medo ós xudeus que se pasaron ós caldeos; poida que os caldeos me entreguen no seu poder e se burlen de min.
20
Respondeulle Xeremías: —Non te entregarán; faille caso á voz do Señor, á sorte que eu che comunico, e irache ben e conservarás a túa vida.
21
Pero se non queres ti saír, esta é a escena que me mostrou o Señor:
22
Velaquí: as mulleres que queden no palacio real de Xudá serán entregadas ós xenerais do rei de Babilonia e isto é o que cantarán: "Enganáronte e puideron contigo os amigos da túa intimidade; enterráronche os pés na lama e volvéronse atrás".
23
Entregaranlles ós caldeos todas as túas mulleres e os teus fillos, e ti non fuxirás das súas mans, senón que serás apresado polo rei de Babilonia, que lle prenderá lume a esta cidade.
24
Entón Sedecías díxolle a Xeremías: —Que ninguén saiba esta conversa e ti non morrerás.
25
E se se informan as autoridades de que falei contigo, e se logo van onda ti e che din: cóntanos o que lle dixeches ó rei, non nolo ocultes, que non te mataremos: que lle dixeches ó rei?",
26
ti haslles dicir: "Estívenlle presentando ó rei a miña petición para que non me levasen á casa de Ionatán a morrer alí".
27
En efecto, todas as autoridades viñeron xunto a Xeremías e preguntáronlle; pero el contestoulles en todo conforme estas instrucións que lle dera o rei. E eles quedaron mudos diante del, pois a conversa non se soubo.
28
Desde entón Xeremías viviu no patio da garda ata que foi tomada Xerusalén.
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 39 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52